Oito conferencias para actualizar coñecementos xurídicos

As sesións terán un carácter mensual e prolongaranse ata maio de 2021

Imaxe dunha das anteriores edicións do curso

Por terceiro ano consecutivo, a Facultade de Dereito do campus de Ourense pon en marcha o seu Curso de Actualización Xurídica. A edición 2020/2021 desta iniciativa desenvolverase desde novembro deste ano e ata maio do que vén e contará con sete sesións (e oito conferencias), cada unha delas centrada nunha área diferente do dereito pero todas elas abordando temas de carácter transversal e de actualidade no eido xurídico. Atendendo á situación sanitaria provocada pola covid-19, a actividade celebrarase on-line, a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo, e non de xeito presencial, como era habitual.

Ler a nova completa no DUVI