O Traballo Fin de Grao (en diante TFG) consiste nun traballo académico (como, por exemplo, un traballo de investigación, unha proposta e unha solución dun caso práctico, un comentario xurisprudencial etc.) orixinal e inédito en galego ou en castelán sobre temática xurídica
O TFG deberá realizarse de xeito persoal, autónomo e individual, seguindo as orientacións dun titor ou titora académico, e poderá revestir unha orientación teórica e/ou práctica. Sen prexuízo do anterior, excepcionalmente, se a envergadura e a estrutura do traballo o permite, e tras a autorización da comisión, dous estudantes poderán compartir titor ou titora e traballo, pero cadaquén deberá presentar e defender o traballo separadamente. Ademais, serán avaliados de xeito individual, en aplicación á parte correspondente a cada estudante dos criterios detallados nos parágrafos seguintes.
O TFG estará orientado a amosar a capacidade de integración dos diversos contidos formativos recibidos e a adquisición das competencias requiridas.
NORMATIVA DO TFG
- Facultade de Dereito | Universidade de Vigo
- Instrución reclamacións TFG
- Regulamento para elaborar o TFG en Dereito
- Protocolo de avaliación do TFG
- Rúbrica para o Protocolo de avaliación obxectiva do TFG
Formularios para o TFG
- Anexo 2. Proposta priorizada para a titorización do TFG
- Anexo 3. Solicitude para proposta temática do TFG
Curso “Busca e xestión da información para o Traballo de Fin de Grao (TFG)”
Traballo Fin de Grao – Curso 2022/2023
Calendario de defensa do TFG
Convocatoria | Solicitude de defensa | Defensa |
---|---|---|
1º prazo (novembro) |
do 04/11/2022 ao 10/11/2022 | do 21/11/2022 ao 24/11/2022 |
2º prazo (febreiro) |
do 10/02/2023 ao 16/02/2023 | do 27/02/2023 ao 02/03/2023 |
3º prazo (xuño) |
do 12/06/2023 ao 19/06/2023 | do 03/07/2023 ao 06/07/2023 |
4º prazo (xullo) |
do 12/07/2023 ao 19/07/2023 | do 26/07/2023 ao 28/07/2023 |
5º prazo (setembro) |
do 01/09/2023 ao 07/09/2023 | do 11/09/2023 ao 14/09/2023 |
Para defender o Traballo Fin de Grao (TFG) é preciso cumprimentar, no prazo sinalado, a solicitude telemática da Universidade de Vigo accesible dende a Secretaría Virtual e entregar o correspondente TFG, 3 exemplares, en soporte físico (papel) na Área de Grao do Edificio Xurídico-Empresarial (planta baixa) e, así mesmo, en versión electrónica a través da plataforma de apoio á docencia Moovi. A referida entrega virtual efectuarase no apartado “exercicios” da materia “Traballo Fin de Grao” a tal efecto habilitada.
Na área de Grao tamén deben entregar a solicitude de defensa do TFG (copia para a/o alumna/o e copia para o Centro).
Profesorado titor/a de TFG
Profesorado titor/a de TFG en Dereito Curso 2022/2023
Tribunal do TFG
Tribunal do TFG Curso 2022/2023
Listaxe de asignación de titoras/es de TFG
Listaxe provisoria | Listaxe definitiva
Listaxe de propostas temáticas de TFG
Listaxe provisoria | Listaxe definitiva
Premios
- Premios EGERIA á inclusión da perspectiva de xénero nos TFG e TFM 2022/2023
- Premios á Calidade Lingüística nos TFG e TFM 2022/2023
- Premios ao mellor TFG/TFM en Axenda 2030, cooperación ao desenvolvemento e RSU 2022/2023
Coordinación do Traballo Fin de Grao
Marta Fernández Prieto
+34 988 368 826
mfprieto@uvigo.es
Belén Sánchez Ramos
+34 988 368 839
bsanchez@uvigo.es