Inicio
Avisos
Actualidade
Grao en Dereito
O obxectivo fundamental deste grao é formar profesionais de perfil xurídico, cun coñecemento global de todas as áreas relacionadas co dereito.
O Grao en Dereito proporciona a estrutura xeral e os conceptos fundamentais das diversas disciplinas xurídicas, para que, sobre a base dos mesmos, as persoas graduadas poidan identificar, analizar e dar solución aos problemas xurídicos, no exercicio libre, en empresas ou en administracións públicas coas funcións de asesoramento legal, representación e defensa legal, dación de fe pública, xestión pública, cualificación rexistral, defensa da lexislación e dos dereitos da cidadanía, xulgar e executar o xulgado, dirección e coordinación tanto en ámbito privado como público, mediación, conciliación e arbitraxe.
Dobre Grao ADE-Dereito
Que é?
É un programa conxunto elaborado pola Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo e a Facultade de Dereito, que che permitirá cursar ao mesmo tempo e de forma simultánea o Grao en Administración e Dirección de Empresas e o Grao en Dereito.
A quen vai dirixido?
A estudantes que desexen cursar dous graos en cinco anos para obter unha enorme vantaxe competitiva no mercado de traballo.
Máster Universitario en Avogacía
Este título de máster resposta á normativa aprobada no noso país, á vista do dereito comparado, acadando un indiscutible e especial interese profesional, académico e científico para a Universidade de Vigo e para a Comunidade Autónoma de Galicia.
Este máster permitirá o acceso a estudos de doutoramento regulados polo Real Decreto 99/2011, do 28 de xaneiro, polo que se regulan os ensinos oficiais de doutoramento.

Prácticas e emprego
A experiencia práctica que se recibe no mercado laboral a través das prácticas académicas externas e a empregabilidade das persoas tituladas é fundamental para complementar a formación universitaria e conseguir aqueles obxectivos.
Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo pon tamén a disposición do estudantado e persoas tituladas distintos servizos dirixidos tanto a fomentar a súa empregabilidade como a mellorar a súa inserción no mercado laboral.