O alumnado universitario poderá examinarse en liña nas aulas CeMIT da Xunta

Con esta medida facilítase unha alternativa aos estudantes con dificultades de conexión

Imaxe dunha aula CeMIT Foto: Xunta

As tres universidades galegas, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) asinaron esta semana un convenio de colaboración co que se pon a disposición de todo o alumnado universitario matriculado no SUG, as denominadas Aulas CeMIT, aulas públicas de acceso a internet dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia,  para realizar os exames das súas materias na modalidade non presencial.

Con este acordo, establecido a petición das universidades,  búscase garantir que o alumnado das universidades galegas conte cos medios necesarios para realizar a avaliación sen necesidade de desprazarse fisicamente ás escolas e facultades. Neste senso, poranse a disposición das universidades as aulas daquelas entidades locais que previamente presenten o seu compromiso ante a Fegamp para participar nesta iniciativa. A partir de aí, os centros poderán empregarse como punto de conexión para  realizar os exames en liña.

Ler a noticia completa no DUVI