Distintivo de Igualdade

O Distintivo de igualdade xorde co fin de visibilizar e de recoñecer pública e institucionalmente o esforzo de moitas persoas que, na nosa universidade, loitan día a día por investigar, ensinar, transferir, xestionar e producir coñecemento científico, incorporando a mirada de xénero e feminista. Esta iniciativa pretende recoñecer o traballo dos centros, das escolas e das facultades no eido do fomento da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes e, deste xeito, conquerir unha universidade máis humana, igualitaria e xusta.

A Facultade de Dereito obtivo o Distintivo de Igualdade o 27 de febreiro de 2023.

 

Igualdade na facultade

Na Facultade de Dereito temos como obxectivo prioritario a implementación de accións que contribúan a que a igualdade sexa unha realidade entre a comunidade do centro, dun xeito especial entre mulleres e homes sen esquecer calquera tipo de diversidades. Pode consultarse a misión e a visión da nosa facultade.

O compromiso coa igualdade tradúcese na realización de actividades, recursos docentes e de investigación ao longo do curso académico:

 

Igualdade na UVigo

A Universidade de Vigo ten como prioridade, en liña coa Axenda 2030, favorecer a cultura do respecto, da igualdade e da inclusión, garantindo que todas as persoas que conforman a nosa comunidade poidan desenvolver a súa actividade académica e laboral con dignidade e nun espazo libre de violencias de xénero e de máximo respecto dos dereitos humanos.

Recursos no Portal da Universidade de Vigo