Programa SICUE
O programa SICUE (Sistema de Intercambio entre Centros Universitarios Españois) permite realizar un periodo de estudos (un semestre ou curso completo) nunha universidade española diferente á de orixe do estudante, sen que este perda a súa condición de estudante da propia universidade, é dicir, sen traslado de expediente.
A Coordinadora de Relacións Internacionais é a persoa encargada, con apoio do equipo administrativo do centro e da Universidade, de xestionar todo o proceso administrativo, do asesoramento do estudantado, tanto propio como de acollida, e de organizar a difusión da información. A información sobre o programa difundese na páxina web da facultade e organizanse anualmente reunións informativas e de asesoramento.
O estudantado ten á súa disposición información sobre os plans de estudos dos centros de destino.
Convocatoria SICUE
A nosa facultade ten convenios para este programa con varias universidades nacionais que imparten o Grao en Dereito:
TITULACIÓN: GRAO EN DEREITO | TITULACIÓN DESTINO: GRAO EN DEREITO
Universidade | Cidade | Prazas | Meses |
---|---|---|---|
Universitat Jaume I | Castelló de la Plana | 2 | 9 |
Universitat de Lleida | Lleida | 2 | 9 |
Universidad de Oviedo | Oviedo | 2 | 9 |
Universidad Rey Juan Carlos | Madrid | 2 | 9 |
TITULACIÓN: PCEO ADE-DEREITO | TITULACIÓN DESTINO: GRAO EN ADE
Universidade | Cidade | Prazas | Meses |
---|---|---|---|
Universidad de Granada | Granada | 2 | 9 |
Universidad de León | León | 2 | 9 |
Universitat de Lleida | Lleida | 2 | 9 |
Universidad de Oviedo | Oviedo | 2 | 9 |
Universidad Pablo de Olavide | Sevilla | 2 | 9 |
Universidad de Salamanca | Salamanca | 2 | 9 |
Universidad de Valladolid | Segovia | 2 | 9 |
TITULACIÓN: PCEO ADE-DEREITO | TITULACIÓN DESTINO: GRAO EN DEREITO
Universidade | Cidade | Prazas | Meses |
---|---|---|---|
Universitat Jaume I | Castelló de la Plana | 2 | 9 |
Universitat de Lleida | Lleida | 2 | 9 |
Universidad de Oviedo | Oviedo | 2 | 9 |
Universidad Rey Juan Carlos | Madrid | 2 | 9 |
TITULACIÓN: PCEO ADE-DEREITO | TITULACIÓN DESTINO: PCEO ADE-DEREITO
Universidade | Cidade | Prazas | Meses |
---|---|---|---|
Universidad de Almería | Almería | 2 | 9 |
Coordinación da mobilidade
Natalia Torres Cadavid
+34 988 368 840
internacionaldereito.ou@uvigo.es