Cultura en Ourense
A oficina de actividades culturais, integrada na Vicerreitoría do campus de Ourense, é a responsable da programación, xestión e difusión das actividades culturais entre a comunidade universitaria e tamén na súa contorna.
Deporte en Ourense
Podes practicar moitos dos teus deportes favoritos nas instalacións deportivas das que dispón o campus: pista polideportiva cuberta, área de tenis de mesa, sala multiusos, sala cardio-fitness, 2 pistas de tenis, campo de herba sintética, pista de atletismo,…
Campusactivo
Campusactivo é unha aplicación web que se utiliza para participar nas actividades deportivas, de lecer e/ou culturais da Universidade de Vigo. A través dela poderás inscribirte e realizar os pagamentos por participar en actividades deportivas e culturais (cursos de extensión universitaria, obradoiros etc…), e tamén reservar instalacións deportivas.