Finalidade
- Evidenciar que o centro dispón e utiliza mecanismos que facilitan tanto a mellora da calidade das súas titulacións coma os procesos de avaliación externa que realiza a ACSUG (ciclo de mellora continua).
- Obter un distintivo de calidade que demostre ante terceiros que a Facultade de Dereito se implica a fondo na xestión da calidade e que está en disposición de facer públicos os seus resultados ante os diferentes grupos de interese en xeral, e ante o estudantado en particular, de acordo cos obxectivos e principios expresados nos criterios e directrices de garantía de calidade no EEES.
- Facilitar a verificación, a modificación e a renovación da acreditación dos títulos oficiais que se imparten na Facultade de Dereito. Estes títulos quedarán exentos de presentar documentación relativa ao SGC, durante a vixencia do certificado, cando soliciten participar nos programas de verificación e modificación. No proceso de seguimento e renovación da acreditación revisarase o Plan de accións de melloras derivado da implantación do SGC no centro.
- Acadar, unha vez renovada a acreditación das titulacións de Grao en Dereito e Mestrado universitario en Avogacía –ambas impartidas en varios centros da Universidade de Vigo-, a acreditación institucional da Facultade.
Obxectivos
- Determinar que o SGC implantado no centro cumpre as directrices do Programa FIDES-AUDIT –o centro dispón de política e obxectivos de calidade e ten implantados procedementos: deseño, revisión periódica e mellora dos programas formativos; garantía da aprendizaxe, ensino e avaliación centrados no estudantado; garantía e mellora da calidade dos recursos humanos; garantía e mellora da calidade dos recursos materiais e servizos; información pública…- así como as directrices establecidas pola propia institución universitaria no seu SGC.
- Facilitar ao centro orientacións sobre o SGC implantado co fin de mellorar a súa eficacia.
- Verificar que o SGC do centro é un proceso sistemático e estruturado que contempla os catro elementos do ciclo de mellora continua: planificar, desenvolver, analizar e actuar.
Axentes implicados da Facultade de Dereito
- Equipo da/o decana/o
- Comisión de Calidade
- Coordinadores dos títulos adscritos ao centro (Grao en Dereito e Máster Universitario en Avogacía)
Desenvolvemento do proceso
- Apertura convocatoria anual para a certificación do SGIC curso 2013/2014 (ACSUG-UVIGO)
- Admisión de solicitudes (UVIGO-ACSUG)
- Planificación do proceso (ACSUG- Área de Apoio á docencia e calidade da UVIGO-FAC. DEREITO)
- Revisión interna documentación e rexistros (FAC. DEREITO)
- Designación do equipo auditor (ACSUG)
- Revisión documental a través da aplicación informática do SGIC (EQUIPO DE AUDITORÍA)
- Execución da auditoría a través de visita ao centro o 6 de xuño de 2014 (EQUIPO DE AUDITORÍA-FAC. DEREITO)
- Primeiro Informe de auditoría externa inicial para a certificación da implantación do sistema de garantía de calidade (7 de outubro de 2014)
- Concesión dun prazo adicional de seis meses para a avaliación polo equipo de auditoría do plan de accións de melloraproposto pola Facultade e a forma coa que se aborda a execución das medidas nel consideradas.
- Nova visita ao centro o 2 de xuño de 2015 (media xornada) (EQUIPO DE AUDITORÍA-FAC. DEREITO)
- Valoración favorable á concesión do certificado (EQUIPO DE AUDITORÍA-ACSUG). Informe de auditoría externa inicial para a certificación da implantación do sistema de garantía de calidade (23 de xullo de 2015) e Plan de Melloras derivado do SGC.
- Informe de seguimento do Plan de Melloras establecidas pola Facultade no Informe de certificación (20 de novembro de 2018)
- Auditoría para a renovación da certificación da implantación do SGC do centro (10 de decembro de 2021)
- Valoración favorable á concesión do certificado (EQUIPO DE AUDITORÍA-ACSUG). Informe final de renovación da certificación de implantación do sistema de garantía de calidade (11 de outubro de 2022).
Guía para a certificación
Guía para a certificación da implantación dos SGC do Programa FIDES-AUDIT, dependente da ACSUG, de xullo de 2015.
Certificación da implantación do SGC
Como continuación ao proceso iniciado no ano 2007 de deseño dos SGC no marco dos programas FIDES-AUDIT, as ACSUG, ANECA e UNIBASQ consideraron abrir no ano 2013 un proceso de avaliación do deseño dos SGC e de certificación da súa implantación nos centros que se acolleran a aquel programa.
O sometemento a este proceso de certificación ten un carácter voluntario para os centros. A Facultade de Dereito cursou, con data de 15 de decembro de 2013, a solicitude para someterse á dita avaliación e ao proceso de certificación de implantación do seu SGIC. Nun primeiro Informe de Auditoría externa inicial para a certificación da implantación do SGIC, tras examinar minuciosamente as alegacións presentadas polo centro ao Informe provisional, o equipo de auditoría concedeu un prazo de seis meses para avaliar a forma coa que se iniciara o tratamento das non conformidades detectadas tal e como este se describira no plan de accións de melloras proposto polo centro. Finalizado o prazo, procedeu a unha nova revisión documental para emitir o Informe definitivo de auditoría da implantación do SGC do centro. Coa realización desta segunda revisión documental, que se completou cunha visita ao centro de medio día o 2 de xuño de 2015, a Facultade obtivo o distintivo de calidade: a certificación da implantación do seu SGC.
O proceso rematou cun relevante Informe de Auditoría externa inicial para a certificación da implantación do SGIC no que a ACSUG, reiterando a valoración favorable xa anticipada polo equipo de auditoría no informe oral o propio día 2 de xuño e de forma pouco usual, destacou dez fortalezas, vinte e oito conformidades e só catro non conformidades menores e catro oportunidades para a mellora -tres delas substancialmente reiterativas das non conformidades-. En seguimento do Plan de Propostas de Mellora a ACSUG emitiu o 20 de novembro de 2018 un informe no que se indica que as accións de mellora “están a desenvolverse correctamente”.
En exercicio das competencias atribuidas polo artigo 14.1 do Real Decreto 420/2015, de 29 de maio, de creación, recoñecemento, autorización e acreditación de universidades e centros universitarios, o Consello de Universidades, mediante Resolución do 28 de xaneiro de 2019, declara a acreditación institucional da Facultade de Dereito da Universidade de Vigo. A certificación, o informe e a acreditación institucional do centro converten á Facultade de Dereito nestes momentos nun dos centros máis destacados na xestión da calidade no Sistema Universitario de Galicia.