Proxecto de voluntariado LECXIT (Programa de promoción do éxito escolar a través do acompañamento lector) en la Fundación Meniños

Período de desenvolvemento: Do 04/10/2021 ao 31/05/2022.

Obxectivos xerais: Este proxecto ten como obxectivo incrementar o éxito educativo, a través da promoción das competencias lectoras de nenos e nenas de 4º a 6º de primaria, a través dun enfoque multidimensional implicando a escolas, familias, estudantes e mobilizando e corresponsabilizando á cidadanía. Este obxectivo conséguese coas persoas voluntarias como piar fundamental implicando ás persoas da contorna próxima ás escolas, converténdoas en referentes e mentores de rapazas e rapaces, coa coordinación, xestión e acompañamento da Fundación Meniños como impulsora do proxecto, ofrecendo oportunidades a quen máis o necesita, contando con metodoloxía e materiais específicos para a formación inicial e continua das persoas voluntarias, o desenvolvemento das tarefas do voluntariado e a coordinación e acompañamento aos estudantes, ás escolas e ás familias durante todo o curso escolar.

Obxectivos específicos: A través de materiais específicos e dunha metodoloxía probada e avaliada pola Fundación Bofill, a entidade promotora, neste caso a Fundación Meniños crea rede movilizando e implicando á cidadania, á comunidade e ás familias en torno á educación, xerando un alto impacto a través da creación dun entorno favorable de oportunidades e diversidade en torno á lectura.

Perfil do voluntario/a: Dispoñibilidade para comprometerse a participar durante todo o curso, interese pola lectura, certificado negativo de delitos sexuais e non é precisa ningunha titulación específica.

Funcións do voluntario/a: A labor das persoas voluntarias é ser un MENTOR establecendo unha vinculación positiva co neno ou nena a través da relación persoal estable, converténdose nun punto de apoio, nun referente/modelo que actúa á vez sobre varias dimensións, a educativa, mellorando a comprensión lectora e favorecendo o rendemento escolar, a persoal, incrementando motivación, autoestima e implicación social, favorecendo a igualdade de oportunidades, a equidade educativa, a socialización e inclusión social, traballando cos nenos e nenas que máis o necesitan.

Actividades: A persoa voluntaria é o referente que acompañará a cada neno ou nena na adquisición de competencias lectoras durante unha hora á semana no centro educativo e fóra do espazo lectivo cunha atención individualizada (un neno ou nena, un voluntario ou voluntaria). Son un punto de apoio e un exemplo para os nenos e nenas. Ademais poderá participar en actividades complementarias para a implicación das familias e actividades grupais extraordinarias mais alá das parellas de lectura 1×1, enriquecendo o propio proxecto e tecendo redes con outras entidades e coas familias.

Lugar de realización: CEIP Virxe Covadonga. Cole CPI Ourense Cibeles, 1, 32001 – CPI Antonio Failde. CPI Coles (Ourense 12KM) Rúa Cambeo, 62, 32100 – CPC Cardenal Cisneros Ourense Rúa Emilia Pardo Bazán, 21, 32004 –
CEIP Balaídos Vigo Rúa de Pablo Iglesias, 1, 36210 – CEIP Escultor Acuña Vigo Rúa da Estrada, 10, 36209 – CEIP Vidal Portela Pontevedra Avenida de Buenos Aires s/n, 36002 – CEP Marcos Da Portela Pontevedra Rúa Suecia, 1. Monteporreiro. 36162

Tempo de dedicación das persoas voluntarias: 1 hora á semana

Anímate e ponte en contacto con:
Aurora Coego Trinidad
604024103
lecxit@meninos.org
Luns a venres de 10:00 a 14:00 horas

Depois podes inscribirte premendo na secretaria da UVigo
Podes atopar máis proxectos/programas de voluntariado nos que tamén podes participar aquí