Proxecto de voluntariado: FIR-Festival Internacional Rebulir 2021

Período de desenvolvemento: Do 16/12/2021 ao 19/12/2021.

Obxectivos xerais: Poñer en valor a cultural galega en relación con outras culturas e propiciar o
intercambio intercultural entre participantes e asistentes ao encontro.

Obxectivos específicos:

  • Fomentar o coñecemento cultural de culturas alleas por medio da música, a danza e a gastronomía.
  • Desenvolver habilidades sociorelacionais entre os participantes e veciños.

Perfil do voluntario/a: Non se procura ningún perfil específico para as persoas voluntarias. Valórase positivamente ter actitude proactiva e sensibilidade cara a diversidade cultural.

Funcións do voluntario/a:

  • Guias e acompañantes de delegacións participantes.
  • Mediadores de participantes e organización.
  • Colaboración en tarefas organizativas e de intendencia.

Actividades:

  • Día 16 e 17 de Decembro – Apertura, Obradoiros e animacións.
  • Día 18 – Gala Central.
  • Día 19 – Obradoiros e animacións.

Lugar de realización: Ramirás, Celanova e Ourense (actividades en diferentes espazos que permitan un aforo con distanciamento). Tamén se fará unha importante parte de maneira virtual.

Tempo de dedicación das persoas voluntarias: 50 horas (formación, preparación e implicación durante o FIR)

Anímate e ponte en contacto con:
Alexandre Sotelino Losada
Director do FIR
639908005
directorfestivalrebulir@gmail.com
De 16:00 a 21:00 h.

Sandra González Sousa
Coordinadora de guías e persoas voluntarias.
667355734
rebulir@hotmail.com
Correo electrónico:
De 20:30 a 22:30 h.

Depois podes inscribirte premendo na secretaria da UVigo
Podes atopar máis proxectos/programas de voluntariado nos que tamén podes participar aquí