Unha lección desde Colombia sobre o papel do dereito penal no control da criminalidade organizada

Durante a súa intervención incidiu en aspectos como a problemática das garantías constitucionais

A Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo do campus de Vigo o xoves e a Facultade de Dereito do campus de Ourense este venres acolleron a conferencia O papel do dereito penal no control da criminalidade organizada: análise do caso colombiano, ofrecida por Juan Oberto Sotomayor, catedrático de Dereito Penal da Universidad EAFIT (Colombia). Durante a súa intervención abordou a evolución e as problemáticas asociadas á noción de crime organizado desde un punto de vista penal.

A actividade no caso do campus de Ourense estivo enmarcada no Curso de Actualización Xurídica 2019/2020 da Facultade de Dereito, sendo presentada por Javier de Vicente Remesal, catedrático da Universidade de Vigo, e Francisca Fernández Prol, vicedecana do centro organizador. Na súa intervención Juan Oberto Sotomayor realizou “unha análise do que foi a política criminal en Colombia no control do crime organizado, poñendo presente como a noción de crime organizado foise estendendo, abranguendo cada vez máis número de condutas e condutas moi diferentes”.

Ler a noticia completa no DUVI