Facultade de Fisioterapia

Plan de Acción Titorial

O Plan de acción titorial (PAT) da Facultade de Dereito configúrase como o instrumento a través do cal se deseña o contido e a execución das distintas accións relativas á titoría universitaria para as titulacións de grao e mestrado do centro. Préstaselle unha especial atención ao estudantado de novo ingreso, de cara a favorecer a súa integración na vida universitaria e a atender as súas necesidades formativas e informativas, e ao que está rematando os seus estudos.

O PAT supón apostar por un modelo educativo no que conflúen xunto coa vertente académica, orientada á transmisión de coñecementos, funcións socioeducativas, máis centradas no desenvolvemento persoal do estudantado e baseadas en relacións recíprocas e interaccións titor/a-alumno/a, alumno/a-alumno/a etc.

INFORMACIÓN SOBRE O PAT

Lourdes Borrajo Diz

Coordinadora do PAT de Grao
+34 988 387 028 |


Mª Dolores Fernández Fustes

Coordinadora do PAT de Mestrado
+34 988 368 843 |

Preténdese ir consolidando unha liña de acción titorial coherente coas necesidades do alumnado, que normalice as distintas accións e acade un axeitado equilibrio entre as expectativas dos/as alumnado e os obxectivos que se expoñen no marco do Espazo Europeo de Educación superior.

Neste sentido, é importante destacar algún dos principios recollidos dunha forma ampla tanto no sistema de garantía de calidade da Facultade de Dereito como nas memorias dos seus títulos e que este plan trata de garantir: a adecuación dos métodos de ensinanza, aprendizaxe e avaliación, a adquisición de competencias do alumnado, a atención á diversidade, a orientación á aprendizaxe, a procura dunha igualdade de xénero...

O presente documento responde á implantación do «DO-0203 P1: procedemento: orientación ao estudantado», que constitúe en si mesmo o rexistro R1-DO0203 P1 deste. Trátase dun documento vivo que será revisado e actualizado de acordo coas necesidades e prioridades da facultade.


Plan de Acción Titorial 2016-2017


Plan de Acción Titorial (Vixencia permanente dende 2014-2015)

Plan de Acción Titorial


Asignación de Titores Curso 2016-2017

Anexo I-PAT Grao en Dereito
Anexo I-PAT Programa Conxunto ADE-Dereito
Relación alumnado titor (mentores) do Grao en Dereito e o Programa Conxunto ADE-Dereito



Cursos Anteriores

Asignación de Titores

Curso 2015-2016: Grao en Dereito | Programa Conxunto ADE-Dereito

Curso 2014-2015: Grao en Dereito | Programa Conxunto ADE-Dereito

Relación alumnado titor (mentores) do Grao e Simultaneidade

Curso 2015-2016 | Curso 2014-2015

Plan de Acción Titorial - Cursos anteriores

2013-2014 | 2012-2013 | 2011-2012 | 2010-2011 | 2009-2010