Facultade de Fisioterapia

Matrícula

PRAZAS OFERTADAS 2017-2018
Grao en Dereito 50 Prazas
Programa Conxunto ADE-DEREITO 20 Prazas (10 ADE e 10 Dereito)

Límite de prazas e criterios de selección

Grao en Dereito
Programa conxunto ADE-Dereito

INFORMACIÓN SOBRE MATRÍCULA

Secretaría de Alumnos

Facultade de Dereito, Campus de Ourense
988 368 919 / 988 368 920


Información Matrícula UVIGO

Matricúlate aquí:

Prezo:

  • Decreto xx/2017, do xx de xuño, polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos conducentes a obtención de títulos oficiais no ensino universitario para o curso 2017/2018.

Admisión e Selección


O acceso á titulación réxese polo Real Decreto 412/2014 de 6 de xuño, polo que se regulan as condicións para o acceso aos ensinos universitarios oficiais de Grao e os procedementos de admisión ás universidades públicas españolas.

As vías e requisitos de acceso dos novos estudantes serán as reguladas pola normativa estatal e autonómica correspondente.

Poden cursar satisfactoriamente os estudos os titulados/as de bacharelato en calquera das súas ramas, preferiblemente as relacionadas co ámbito social e humanístico. Así mesmo, poderán acceder á titulación alumnos que teñan superados os estudos de Formación Profesional (ciclo de grao superior/ciclo formativo/módulos Profesionais nivel 3) segundo as seguintes familias profesionais: administración, comercio e mercadotecnia, mantemento de servizos á produción (prevención de riscos profesionais). Todo isto aparece perfectamente definido nas convocatorias de matrícula que para cada curso académico convócanse por Resolución Reitoral conforme ao establecido nos Estatutos da Universidade de Vigo (DOG de 02-02-2010) e en aplicación do disposto no Real Decreto 69/2000 de 21 de xaneiro (BOE do 22), polo que se regulan os procedementos para o ingreso nos centros universitarios.

Non se esixe formación previa específica para o ingreso no Grao en Dereito.


Calendario de Preinscrición e Matrícula


Calendario de Matrícula - Curso 2017/2018

Matrícula para iniciar estudos polo proceso xeral de admisión da CiUG

1º prazo: Do 12 ao 14 de xullo
2º prazo: Do 19 ao 21 de xullo
3º prazo: Do 27 ao 31 de xullo
4º prazo: Do 4 ao 6 de setembro
5º prazo: Do 11 ao 13 de setembro
6º prazo: Do 20 ao 22 de setembro
7º prazo: Do 9 ao 11 de outubro
8º prazo: Do 18 ao 20 de outubro (derradeiro)

Matrícula para continuar estudos ou para adaptarse dunha titulación a extinguir ao grao que a sustitúe

Matrícula
Do 3 ao 27 de agosto: prazo único

Preinscrición en materias optativas
4º curso de Grao

Preinscrición: do 6 ao 11 de xullo / Asignación: do 19 ao 20 de xullo
Vacantes:
Preinscrición: do 9 ao 11 de setembro / Asignación: do 13 ao 14 de setembro
Procedementos: G081 - Plan 2014 | G080 - Plan 2010

Admisión por recoñecemento de créditos ou por cambio de centro entre titulacións de grao co mesmo plan de estudos

Solicitudes de admisión
Do 1 ao 30 de xuño

Matrícula
Do 3 ao 27 de agosto: prazo único

Matrícula dos requisitos formativos complementarios para a homologación de títulos estranxeiros

Mínimo de 15 días antes da realización das probas (as datas das probas publicaranse oportunamente na páxina web da Facultade de Dereito)

Convocatoria fin de carreira Do 3 ao 27 de agosto: prazo único

Solicitude de convalidación e recoñecemento de créditos

Prazos de solicitude


Normativa de permanencia e progreso do estudantado


Estudante de grao –réxese pola Normativa de permanencia e progreso do estudantado das titulacións oficiais de Grao e Máster universitarios da Universidade de Vigo– (Ver documento), de acordo coa Instrución de aplicación da Normativa de permanencia e progreso do estudantado nas titulacións oficiais de grao e de mestrado universitarios da Universidade de Vigo, para o curso académico 2016-2017.

Estudante a tempo completo –matrícula ordinaria-: entre 48 e 60 créditos por curso académico, agás no caso de estudantes aos cales lles falten menos de 48 créditos para rematar os estudos. Permitiráselle a matrícula aumentada ata 75 créditos con materias cursadas e non superadas ou con simultaneidade de estudos.

Estudante a tempo parcial –deberá solicitarse expresamente ao órgano de dirección do centro no momento de efectuar a primeira matrícula na Universidade de Vigo e renovarse no momento de cada nova matriculación-: entre 24 e 48 créditos por curso acadêmico, agás no caso de estudantes aos cales lles falten menos de 24 créditos para rematar os estudos. Permitiráselle a matrícula aumentada ata 54 créditos con materias cursadas e non superadas ou con simultaneidade de estudos. O alumnado con capacidade diminuída poderá solicitar un réxime de permanencia reducido que supón unha matrícula por curso entre 6 e 24 créditos.

Poderase autorizar, polas persoas responsables dunha titulación, a matriculación en máis créditos dos establecidos para o seu réxime de permanencia ao ou á estudante que acredite, mediante un informe do Gabinete Psicopedagóxico da Universidade de Vigo, as súas altas capacidades.

Cada estudante de grao, para poder continuar estúdios na misma titulación na Universidade de Vigo, deberá:

a) No caso da súa primeira matrícula no primeiro curso, obter un mínimo de 12 dos créditos matriculados no curso se está en réxime de tempo completo e 6 créditos se está en réxime de tempo parcial, agás que lle restasen menos créditos para acadar o primeiro curso completo.

b) No caso da súa matriculación para continuación de estudos, obter cada tres anos de permanencia polo menos 60 créditos cando teña o réxime de tempo completo, e 30 créditos cando teña o réxime de tempo parcial. No cómputo destes créditos non se terán en conta os obtidos por recoñecemento.

Cada estudante de grao poderá matricularse ao longo da súa permanencia nuns estudos do dobre dos créditos necesarios para obter a titulación. No cómputo destes créditos restarase o dobre dos obtidos por recoñecemento. O esgotamento deste número de créditos impedirá continuar os estudos desta titulación na Universidade de Vigo

Os créditos obtidos por permanencia non computarán para os efectos de permanencia.

Con carácter extraordinario, o reitor ou reitora poderá autorizar a continuidade nos estudos, por pedimento da persoa afectada, sempre que se dean causas de forza maior suficientemente acreditadas, que afectasen ao seu rendemento académico.

Estudante da simultaneidad ADE-Dereito –réxese pola Normativa específica para a simultaneidade do Grao en Administración e Dirección de Empresas e Grao en Dereito-:

Admisión de estudantes: A solicitude de admisión para cursar simultaneidade ADE-Dereito realizarase polo mesmo procedemento que para o resto de titulacións ofertadas pola Universidade de Vigo, aínda que só se ofrecerá nos chamamentos da primeira convocatoria de preinscrición.

Só poderán optar ao programa simultáneo aquelas/es estudantes que reúnan os requisitos legais de acceso e admisión para ambos graos.

Dado que a Simultaneidade ADE-Dereito se vai introducir de xeito gradual e con grupos de docencia homoxéneos, non poderán solicitar a admisión para estes estudos aquelas/es estudantes que estean a cursar, ben o Grao de ADE ou ben o Grao de Dereito. Isto é, para aqueles/as estudantes que xa iniciasen un dos dous graos e desexen cursar de forma simultánea os seus estudos coa outra titulación, rexerán as normas xerais da Universidade de Vigo sobre simultaneidade de estudos, facilitándolles, na medida do posible, a súa adaptación.

Criterios de matrícula: As/os estudantes que cursen estes estudos deberanse matricular a tempo completo. Isto é, a/o estudante matricularase da totalidade dos créditos correspondentes ao curso de que se trate ou dun número mínimo de 48 créditos ECTS, agás no caso de que a cantidade de créditos necesaria para rematar o programa de simultaneidade sexa inferior.

Para os efectos da posible obtención de bolsas, as/os estudantes deberán sinalar, no momento de formalizaren a súa matrícula, en cal das dúas titulacións desexan ser considerados bolseiras/os.

Requisitos de permanencia. O/a estudante debe superar polo menos 60 créditos nos tres primeiros cursos do programa. No caso de non cumprir este requisito, as/os estudantes, de ser o caso, poderán:

  • Optar por calquera das dúas titulacións iniciadas sempre que teñan aprobada como mínimo 12 ECTS do primeiro curso da titulación que vaian cursar, tendo dereito ao recoñecemento dos créditos básicos superados.
  • Optar por solicitar praza para iniciar os estudos noutra titulación distinta, seguindo as normas e os procedementos de carácter xeral.