Mapa de procesos en vigor na Facultade de Dereito

Os procedementos iniciais do SGIC correspóndense coa versión avaliada pola ACSUG no curso 2009/2010 (edicións 01-03), que permanecerán en vigor ata que sexan reemplazados polos procedementos mellorados no marco do ciclo de mellora do funcionamento do SGIC do centro. A estes efectos, fóronse elaborando versións melloradas dos documentos en vigor (o manual de calidade e algúns dos procedementos e anexos asociados).

A mellora do deseño do primeiro bloque de procedementos do SGIC relacionados coa área de procesos docentes foi elaborada en 2013 pola Área de Apoio á Docencia e á Calidade da Universidade de Vigo e validada e aprobada o 11 de setembro de 2013, respectivamente, pola Comisión de Calidade e a Xunta de Facultade.

Código Procedemento Aprobación
DO-0103 P1 Suspensión e extinción dunha titulación 11/09/2013
DO-0202 P1 Promoción das titulacións

Anexo 1. Protocolo para a elaboración do Plan de promoción do centro

11/09/2013
DO-0203 P1 Orientación ao alumnado

Anexo 1. Guía para o deseño do PAT do centro

11/09/2013
DO-0204 P1 Xestión das prácticas externas 11/09/2013
DO-0205 P1 Xestión da mobilidade 11/09/2013

 

A actualización e mellora do segundo bloque, relacionada coa área de procesos estratéxicos e co Manual de Calidade, elaborouse en 2014 pola Área de Apoio á Docencia e á Calidade e foi validada e aprobada, respectivamente, o 2 e o 6 de marzo de 2015 pola Comisión de Calidade e a Xunta de Facultade.

Código Procedemento Aprobación
DE-03 P1 Revisión do sistema pola dirección

Anexo 1: Protocolo de elaboración do informe

06/03/2015
MC-02 P1 Xestión de queixas, suxestións e felicitacións

Anexo 1: Formulario electrónico QSP
Anexo 2: Formulario resposta QSP

06/03/2015
MC-05 P1 Satisfacción das usuarias e usuarios

Anexo 1: Plan Anual de Avaliación da satisfacción dos usuarios e usuarias
Anexo 2: Ficha Técnica do deseño da actividade de avaliación

06/03/2015

 

A terceira fase desenvolveuse pola Área de Apoio á Docencia e á Calidade en 2015 e o primeiro trimestre do 2016, e centrouse na área de procesos de xestión académica (AC). Tamén se modificou o procedemento DO-0101, que fora mellorado xa en 2013, para incorporar ao mesmo a modificación e acreditación das titulacións. A actualización e mellora dos procedementos foi validada e aprobada, respectivamente, o 1 e o 7 de abril de 2016 pola Comisión de Calidade e a Xunta de Facultade.

Código Procedemento Aprobación
AC-0104 P1 Accesos e admisión 07/04/2016
AC-0201 P1 Matrícula 07/04/2016
AC-0401 P1 Expedición de títulos oficiais

Anexo 1. Solicitude de expedición do título oficial e carta de pagamento.
Anexo 2. Solicitude do suplemento europeo ao título.
Anexo 3. Certificación supletoria.
Anexo 4. Título.
Anexo 5. Carta de comunicación á/ao estudante para recoller o título.
Anexo 6. Carta de envío ao organismo externo.

07/04/2016

 

A cuarta fase desenvolveuse pola Área de Calidade entre 2015 e 2017, e centrouse na revisión e actualización dos procedementos relacionados cos procesos de xestión de persoal (PE), PAS e PDI. Tamén se modificou o procedemento DO-0201, que fora mellorado xa en 2013, para incorporar ao mesmo o desenvolvemento dos aspectos ligados á detección de necesidades de PDI a través da PDA e do POD. A actualización e mellora dos procedementos foi validada e aprobada, respectivamente, o 21 de xullo e o 22 de setembro de 2017 pola Comisión de Calidade e a Xunta de Facultade.

Código Procedemento Aprobación
PE-01 P1 Xestión do PAS 22/09/2017
DO-0201 P1 Planificación e desenvolvemento do ensino

Anexo 1. Modelo-guía para realizar o informe de accións de coordinación

22/09/2017

 

No ano 2019 validouse, na Comisión de Calidade celebrada o 17 de decembro de 2019, e aprobouse por Xunta de Facultade o 19 de Decembro do 2019, o procedemento IA01- Xestión dos recursos materiais e dos servizos, en sustitución dos procedementos relacionados coa xestión dos recursos materiais e dos servizos (“PA07 Xestión dos recursos materiais” y “PA08 Xestión dos servizos “).

Código Procedemento Aprobación
IA-01 P1 Xestión dos recursos materiais e dos servizos 19/12/2019

 

No ano 2020 validouse, na Comisión de Calidade celebrada o 17 de novembro de 2020, e aprobouse por Xunta de Facultade o 18 de decembro do 2020, a actualización dos procedementos DO-0301 (Información Pública e Rendemento de Contas) tras a simplificación do procedemento e revisión do rexistro asociado, para a mellora da súa eficiencia e da súa utilidade, e MC-05 (Medición da satisfacción dos grupos de interese) tras a simplificación de rexistros e mellora da eficiencia e utilidade do procedemento. Ademáis, modifícase o título que pasa a ser: “Medición da satisfacción dos grupos de interese”

Código Procedemento Aprobación
MC-05 Medición da satisfacción dos grupos de interese 18/12/2020
D0-0301 Información Pública e Rendemento de Contas 18/12/2020

 

No ano 2021 validouse, na Comisión de Calidade celebrada o 20 de maio de 2021, e aprobouse por Xunta de Facultade o 8 de Xullo de 2021, a actualización do procedemento DO-0203. Os principais cambios están relacionados coa incorporación do tratamento das necesidades específicas de apoio educativo e unha maior integración dos mestrados neste procedemento, despois de detectadas varias debilidades a este respecto.

Código Procedemento Aprobación
DO-0203 Orientación ao alumnado e atención ás necesidades específicas de apoio educativo

Anexo 1. Guía para o deseño do PAT do centro

8/07/2021

No ano 2023 validáronse, na Comisión de Calidade celebrada o 23 de novembro de 2023, e aprobáronse en Xunta de Facultade ese mesmo día, a actualización dos procedementos (e dos rexistros asociados), para dar resposta á nova normativa (RD 822/2021, RDD 640/2021 e a LOSU – Lei Orgánica do Sistema Universitario 2/2023, de 22 de marzo): DE-02 Seguimento e medición Índice 05, DO-0101 Deseño, Verificación, Modificación e Acreditación das titulacións oficiais Índice 06, DO-0102 Seguimento e mellora das titulacións Índice 05.

Tamén se validou e aprobou a actualización do procedemento PE-02 Xestión do PDI Índice 05 pola actualización do procedemento de avaliación docente (DOCENTIA) e da formación do profesorado.

Código Procedemento Aprobación
DE-02 Seguimento e medición 23/11/2023
DO-0101 Deseño, verificación, modificación e acreditación das titulacións 23/11/2023
DO-0102 Seguimento e mellora das titulacións 23/11/2023
PE-02 Xestión do PDI 23/11/2023

O 29 de febreiro de 2024 validouse o procedemento “XD-01: Control dos documentos e dos rexistros” para integrar os procedementos: “XD-01 Control dos Documentos” e “XD-02 Control dos Rexistros” nun único procedemento denominado “XD-01 Control dos Documentos e dos Rexistros”. Aprobouse en Xunta de Facultade o 3 de xuño de 2024.

Código Procedemento Aprobación
XD-01 Control dos documentos e dos rexistros 03/06/2024

O 3 de xuño de 2024 validouse en Comisión de Calidade e aprobouse en Xunta de facultade o procedemento DE-01 debido á actualización de dito procedemento para adaptalo ás actuacións no ámbito de centro e a modificación do título.

Código Procedemento Aprobación
DE-01 Programación e desenvolvemento estratéxico 03/06/2024