As prácticas externas constitúen unha actividade de natureza formativa levada a cabo polos estudantes universitarios e supervisada polas universidades co obxectivo principal de completar e aplicar, nun ámbito profesional, competencias e coñecementos adquiridos nos seus estudos.

As prácticas externas poden realizarse en entidades colaboradoras, tales como despachos de avogados, empresas, institucións e entidades, de carácter público ou privado, no ámbito nacional ou internacional. Para iso é necesario que a entidade colaboradora haxa subscrito previamente un convenio de cooperación educativa coa Universidade de Vigo.

Ao longo da titulación, a duración das prácticas, curriculares ou extracurriculares, nunha mesma entidade colaboradora non poden exceder de 30 créditos ECTS.

Normativa relativa a prácticas externas

Real Decreto 592/2014, do 11 de xullo, polo que se regulan as prácticas académicas externas do estudantado universitario.
Regulamento de Prácticas Externas de UVigo, instrución para o desenvolvemento das prácticas externas curriculares e resolución reitoral sobre obrigacións de Seguridade Social.
Regulamento de prácticas externas do Grao en Dereito na Facultade de Dereito.

 

Prácticas externas curriculares 2024/2025

As prácticas externas curriculares configúranse como unha materia optativa integrada no plan de estudos do Grao en Dereito e da Simultaneidade ADE-Dereito da Facultade de Dereito da Universidade de Vigo (6 créditos ECTS). Para a súa realización, esíxese seguir matriculado na materia.

A tramitación e xestión das prácticas extracurriculares compete á Facultade de Dereito a través da coordinación de prácticas. A Universidade de Vigo asumirá as obrigacións de Seguridade Social en relación co alumnado que realice prácticas académicas externas curriculares non remuneradas.

Data Proceso
Setembro de 2024 Nomeamento de titores académicos: Prof. Dra. Marta Fernández Prieto (por acordo da Comisión Permanente do 24 de setembro de 2024)
Novembro de 2024 Publicación da oferta de prácticas (publicación en Moovi)
Novembro de 2024 Solicitude do estudantado (Anexo I)
Decembro de 2024 Adxudicación provisional de prácticas (publicación en Moovi)
Decembro de 2024 Adxudicación definitiva de prácticas (publicación en Moovi) e comunicación de datos a empresas e institucións
Do 31 de xaneiro ao 20 de maio de 2025 Formalización da práctica (Anexo I: condicións da práctica académica externa)
20 de maio de 2025 Data límite de finalización da práctica

  • Informe do titor/a de a empresa ou da entidade (Anexo IV)
  • Informe do titor/a académico (Anexo V)

 

Prácticas externas extracurriculares

As prácticas externas extracurriculares teñen igualmente natureza estritamente formativa, pero non forman parte do plan de estudos e son voluntarias. Para a súa realización, esíxese seguir matriculado na titulación durante o período de prácticas e que se superaron xa, polo menos, 120 créditos ECTS da titulación. A súa duración pode oscilar entre 6 e 30 créditos ECTS nun mesmo curso académico (150-750 horas), sen que ao longo da titulación poidan realizarse máis de 30 créditos (750 horas) na mesma entidade colaboradora.

A tramitación e xestión das prácticas extracurriculares compete á FUVI (Edificio Administrativo, Campus Universitario As Lagoas, 32004 Ourense, teléfono: 988 368 898, correo electrónico: practicasou@fundacionuvigo.es). En xeral, será a entidade colaboradora na que se desenvolvan as prácticas a que asuma as obrigacións de Seguridade Social en relación co alumnado que realice as prácticas.

Unha vez finalizadas as prácticas, poderá solicitarse o seu recoñecemento como prácticas curriculares ou unha materia optativa ou a súa incorporación ao suplemento europeo do título.

Coordinación de prácticas

Marta Fernández Prieto
+34 988 368 826
mfprieto@uvigo.gal