PROF. DRA. GIULIANA AMORE
Università di Catania
No marco do programa Erasmus, visitou a Facultade e impartiu docencia sobre “La protección de los datos personales” (16 ao 21 de setembro de 2024)
PROF. DR. GILVAN LUIZ HANSEN
Universidade Federal Fluminense (Brasil)
Profesor titular da Universidade Federal Fluminense
Doutorando no Programa de Doutoramento Auga, Sustentabilidade e Desenvolvemento
D.ª LAURA MAGALHAES DE ANDRADE
Universidade Federal Fluminense (Brasil)
Profesora axudante e doutoranda da Universidade Federal Fluminense
Investigadora no grupo de investigación AGAF
D. PABLO SLAVIN
Universidad de Mar del Plata
PROF. D. CARLOS FERREIRA DA SILVA
Universidade Lusófona (Lisboa)
Licenciado en Dereito e Máster en Ciencias Xurídico-Penais, cunha disertación sobre a proba indirecta da neglixencia consciente. Doutorando en Dereito (Mención en Dereito Penal) na Universidade Lusófona, onde desenvolve investigación sobre a problemática das normas penais en branco, desde unha perspectiva teórico-normativa. É Profesor Asistente na Universidade Lusófona. Estivo na Universidade de Vigo dende o día 26 de novembro ata o 2 de decembro de 2025.
[Descargar presentación breve en PDF].
PROF. D. CAMILO ARANGO OSORNO
É avogado pola Universidad EAFIT e Máster en Dereito pola Universidad Pontificia Bolivariana (Colombia). Actualmente cursa un Máster en Estudos de Paz e Conflitos na Universidade de Queensland (Australia) como Rotary Peace Fellow. Estivo na Universidade de Vigo dende o 18 de novembro de 2025 ata o 18 de febreiro de 2026.
[Descargar presentación breve en PDF].