Denominación do título | Graduado/a en Dereito pola Universidade de Vigo |
Código RUCT do Título | 2501118 |
Nivel académico | Grao |
Rama de coñecemento | Ciencias sociais e xurídicas |
Títulos profesionais Condición de acceso – Norma |
Avogado/a e Procurador/a dos Tribunais. O título de grao en Dereito acredita as competencias xurídicas para o acceso ao Mestrado universitario en Avogacía do regulamento da Lei 34/2006, de 30 de outubro. Real Decreto 64/2023, do 8 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 34/2006, do 30 de outubro, sobre o acceso ás profesións da Avogacía e Procuradoría. |
Tipo e modalidade de ensino | Oficial (adaptada ao EEES). Presencial |
Número de prazas ofertadas | 60: 50 (Grao en Dereito) + 10 (Dobre Grao ADE-Dereito) |
Lingua de impartición | Castelán, Galego |
Cronograma de implantación | Curso académico 2014/2015: implántanse o 1º e 2º curso Curso académico 2015/2016: implántase o 3º curso Curso académico 2016/2017: implántase o 4º curso |
Número de créditos ECTS | 240 (60 ECTS Formación básica / 138 ECTS Obrigatorios / 36 ECTS Optativos / 6 ECTS Traballo Fin de Grao). |
Mencións impartidas na Facultade de Dereito |
Mención en Unión Europea e desenvolvemento sostible |
Número mínimo de ECTS de matrícula -Réxime de permanencia- |
Consulta o apartado permanencia |
Duración do programa | 4 cursos – 8 cuadrimestres |
Información sobre a expedición do Suplemento Europeo ao Título | Non poderá solicitarse con anterioridade á solicitude do título oficial universitario. Lugar de solicitude: Secretaría de Alumnado do centro onde rematou os seus estudos. Máis información |
Datas de verificación, publicación, modificación Plan de Estudos e aprobación do título | Modificación do Plan de Estudos: 17/07/2014 (informe favorable ACSUG) Publicación do Plan de Estudos no DOG: (13/01/2016) Publicación do Plan de Estudos no BOE: (18/01/2016) |
Centros nos que se imparte | Facultade de Dereito (Campus de Ourense) Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo (Campus de Vigo) |
Memoria vixente do título |
Memoria final de modificación do título (25/09/2013) |