O Plan de acción titorial (PAT) da Facultade de Dereito configúrase como o instrumento a través do cal se deseña o contido e a execución das distintas accións relativas á titoría universitaria para as titulacións de grao e mestrado do centro. Préstaselle unha especial atención ao estudantado de novo ingreso, de cara a favorecer a súa integración na vida universitaria e a atender as súas necesidades formativas e informativas, e ao que está rematando os seus estudos.
O PAT supón apostar por un modelo educativo no que conflúen xunto coa vertente académica, orientada á transmisión de coñecementos, funcións socioeducativas, máis centradas no desenvolvemento persoal do estudantado e baseadas en relacións recíprocas e interaccións titor/a-estudante/a, estudante/a-estudante/a etc.
Preténdese ir consolidando unha liña de acción titorial coherente coas necesidades do estudantado, que normalice as distintas accións e acade un axeitado equilibrio entre as expectativas do estudantado e os obxectivos que se expoñen no marco do Espazo Europeo de Educación Superior.
Neste sentido, é importante destacar algún dos principios recollidos dunha forma ampla tanto no sistema de garantía de calidade da Facultade de Dereito como nas memorias dos seus títulos e que este plan trata de garantir: a adecuación dos métodos de ensino, aprendizaxe e avaliación, a adquisición de competencias do estudantado, a atención á diversidade, a orientación á aprendizaxe, a procura dunha igualdade de xénero…
Plan de Acción Titorial 2024/2025
Plan de Acción Titorial (con vixencia permanente desde o curso 2021/2022)
Anexo I – Asignación de persoal titor 2024/2025
Coordinación do PAT
Mónica Siota Álvarez
PAT do Grao en Dereito
+34 988 368 824
msiota@uvigo.es
Cursos anteriores
Asignación de persoal titor – Grao en Dereito
2023/2024 | 2022/2023 | 2021/2022 | 2020/2021 | 2019/2020 | 2018/2019 | 2017/2018 | 2016/2017 | 2015/2016 | 2014/2015
Asignación de persoal titor – PCEO ADE-Dereito
2023/2024 | 2022/2023 | 2021/2022 | 2020/2021 | 2019/2020 | 2018/2019 | 2017/2018 | 2016/2017 | 2015/2016 | 2014/2015
Estudantado titor (mentores) do grao e PCEO
2018/2019 | 2017/2018 | 2016/2017 | 2015/2016 | 2014/2015
Informe de avaliación do PAT
Consulta os informes no apartado de rexistros e evidencias