O Traballo Fin de Grao (en diante TFG) consiste nun traballo académico (como, por exemplo, un traballo de investigación, unha proposta e unha solución dun caso práctico, un comentario xurisprudencial etc.) orixinal e inédito en galego ou en castelán sobre temática xurídica

O TFG deberá realizarse de xeito persoal, autónomo e individual, seguindo as orientacións dun titor ou titora académico, e poderá revestir unha orientación teórica e/ou práctica. Sen prexuízo do anterior, excepcionalmente, se a envergadura e a estrutura do traballo o permite, e tras a autorización da comisión, dous estudantes poderán compartir titor ou titora e traballo, pero cadaquén deberá presentar e defender o traballo separadamente. Ademais, serán avaliados de xeito individual, en aplicación á parte correspondente a cada estudante dos criterios detallados nos parágrafos seguintes.

O TFG estará orientado a amosar a capacidade de integración dos diversos contidos formativos recibidos e a adquisición das competencias requiridas.

NORMATIVA DO TFG

Formularios para o TFG

Curso “Como afrontar o TFG”

 

Traballo Fin de Grao – Curso 2025/2026

Calendario de defensa do TFG

Convocatoria Solicitude de defensa Defensa
1º prazo
(novembro)
do 03/11/2025 ao 07/11/2025 do 17/11/2025 ao 20/11/2025
2º prazo
(febreiro)
do 09/02/2026 ao 13/02/2026 do 23/02/2026 ao 26/02/2026
3º prazo
(xuño)
do 12/06/2026 ao 19/06/2026 do 29/06/2026 ao 02/07/2026
4º prazo
(xullo)
do 09/07/2026 ao 16/07/2026 do 22/07/2026 ao 27/07/2026
5º prazo
(setembro)
do 01/09/2026 ao 03/09/2026 do 07/09/2026 ao 09/09/2026


Profesorado titor de TFG
Profesorado titor de TFG en Dereito Curso 2025/2026

Tribunal do TFG
Tribunal do TFG Curso 2025/2026

Listaxe de asignación de titoras/es de TFG
Consulta as listaxes en Moovi

Listaxe de propostas temáticas de TFG
Consulta a listaxe en Moovi

 

Premios e axudas

 

 

Coordinación do Traballo Fin de Grao

Marta Fernández Prieto
+34 988 368 826
mfprieto@uvigo.es