I Xornada Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres
A Facultade de Dereito do campus de Ourense uniuse á conmemoración 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, coa celebración dunha xornada. A actividade, que contou co apoio da Unidade de Igualdade da UVigo e da Vicerreitoría do Campus de Ourense, arrancou cun minuto de silencio polas vítimas desta violencia na entrada do edificio Xurídico-Empresarial e continou con dúas conferencias.
Liga de Debate da Facultade de Dereito
Coordinada polo profesor Bonorino, a Final da Liga de Debate enfrentou os equipos Socráticos e Las Capitanas. Despois dunha intensa batalla dialéctica, as Capitanas saíron vitoriosas! Sofía Salgado Pontón destacou como a mellor oradora individual da final. O tema en discusión foi complexo e actual: a prohibición ou non da prostitución. Unha cuestión que require análise profunda e reflexión crítica.
#DebateUVigo #FacultadeDeDereito #Oratoria #EstudantesBrillantes #OrgulloUVigo