bursa escort bursa escort bursa escort bayan topkapı escort görükle escort görükle escort anadolu yakası escort ümraniye escort ataşehir escort kartal escort bursa escort escort bursa escort bayan görükle escort eve gelen escort izmir escort www.alcary.com dinamobet ümraniye escort kadıköy escort temp mail Deneme bonusu movers near me deneme bonusu veren siteler deneme bonusu veren siteler milanobet yeni adresi dinamobet dinamobet privebet hoşgeldin bonusu veren siteler deneme bonusu veren siteler istanbul escort şişli escort privebet yeni adres beylikdüzü escort konya escort bodrum escort Gift Card Exchange kayseri escort spin the wheel yes or no wheel movers Boston
PCEO ADE-Dereito | Facultade de Dereito

A configuración dos novos Graos universitarios –de máis curta duración e estrutura académica máis flexible que as vellas Licenciaturas- facilitan o que ata non fai moito tempo era prácticamente imposible: que o estudantado poida simultanear estudos de dúas carreiras e conseguir ambos títulos en apenas cinco ou seis anos.

Un dos sectores académicos e profesionais onde máis conexións existen e onde máis froitífera pode ser esa simultaneidade de estudos é o triángulo delimitado polos ámbitos xurídico, empresarial e económico. De feito, repasando a oferta académica da educación superior en España, apréciase con claridade que é ese campo onde máis demanda de programacións conxuntas (simultaneidades de estudos) existe por parte do novo estudantado na procura da primeira oportunidade no mundo universitario.

Pois ben, á vista desta demanda, e aproveitando e aprendendo da experiencia das Universidades que nos precederon, os órganos centrais de Goberno da Universidade de Vigo e as Facultades de Dereito e de Ciencias Empresariais e Turismo fixemos posible que, a partir deste mesmo ano, quen o desexe poida cursar simultáneamente estudos de Grao en Administración de Empresas (ADE) e Grao en Dereito no campus de Ourense, podendo, coa ilusión, o esforzo e bo facer do propio estudantado e do profesorado, conseguir a formación necesaria e os títulos que o acreditan en tan só 5 anos.

Invito, por iso, a todo o novo estudantado que desexe optar por esta vía e entrar no mercado laboral ou profesional coa clara vantaxe competitiva que supón contar con ambos títulos, a que coñeza a nosa oferta académica e a que curse estes estudos no campus universitario de Ourense, onde atoparán un programa Conxunto ADE-Dereito que ofrece unha serie de características e vantaxes académicas e vitais que non poderá atopar reunidas en ningún outro campus universitario español.

Consulta o folleto do título