Estudantado da UVigo opina do grao: video 1 | video 2 | video 3 | video 4

O obxectivo fundamental deste grao é formar profesionais de perfil xurídico, cun coñecemento global de todas as áreas relacionadas co dereito

O Grao en Dereito proporciona a estrutura xeral e os conceptos fundamentais das diversas disciplinas xurídicas, para que, sobre a base dos mesmos, os/as graduados/as poidan identificar, analizar e dar solución aos problemas xurídicos, no exercicio libre, en empresas ou en administracións públicas coas funcións de asesoramento legal, representación e defensa legal, dación de fe pública, xestión pública, cualificación rexistral, defensa da lexislación e dos dereitos da cidadanía, xulgar e executar o xulgado, dirección e coordinación tanto en ámbito privado como público, mediación, conciliación e arbitraxe.

Obxectivos do título

  • Proporcionar unha formación xurídica xeneralista, teórica e práctica, básica e integral en todas as ramas do Dereito, que permita coñecer e manexar os conceptos básicos do Dereito e alcanzar as competencias e habilidades necesarias para o exercicio de profesións xurídicas.
  • Fomentar a aprendizaxe autónoma do estudantado.
  • Identificar feitos e problemas xurídicos, extraer argumentalmente consecuencias xurídicas e expoñer de forma oral e escrita a información e as solucións.
  • Comportarse de xeito ético e con responsabilidade social como profesional do Dereito.


Estrutura en mencións

O Grao en Dereito proporciona ao estudantado unha formación xurídica teórica e práctica, exhaustiva e de calidade. A súa estrutura en mencións é especialmente atractiva e competitiva para o acceso a profesións xurídicas do sector público e do sector privado. Permite ao estudantado deseñar o seu propio itinerario de materias optativas e, se o desexa, especializarse en cuarto curso en Dereito xudicial ou en Dereito da UE e desenvolvemento sostible.

Mencións do título