Curso académico 2024/2025

Estudos de grao

Titulación Prazas Calendario Matrícula
Grao en Dereito 50 Cal. preinscrición
Cal. académico
Automatrícula
Continuación
PCEO ADE-Dereito 10 Cal. preinscrición
Cal. académico
Automatrícula
Continuación

Convocatoria de matrícula 2024/2025 – estudos de grao

Límite de prazas e criterios de selección

  • Grao en Dereito
  • Programa conxunto ADE-Dereito

O acceso á titulación réxese polo Real Decreto 412/2014 de 6 de xuño, polo que se regulan as condicións para o acceso aos ensinos universitarios oficiais de grao e os procedementos de admisión ás universidades públicas españolas.

As vías e requisitos de acceso do novo estudantado serán as reguladas pola normativa estatal e autonómica correspondente.

Poden cursar satisfactoriamente os estudos as persoas tituladas en bacharelato en calquera das súas ramas, preferiblemente as relacionadas co ámbito social e humanístico. Así mesmo, poderán acceder á titulación as persoas que teñan superados os estudos de Formación Profesional (ciclo de grao superior/ciclo formativo/módulos profesionais nivel 3) segundo as seguintes familias profesionais: administración, comercio e mercadotecnia, mantemento de servizos á produción (prevención de riscos profesionais). Todo isto aparece perfectamente definido nas convocatorias de matrícula que para cada curso académico convócanse por Resolución Reitoral conforme ao establecido nos Estatutos da Universidade de Vigo e en aplicación do disposto no Real Decreto 69/2000 de 21 de xaneiro, polo que se regulan os procedementos para o ingreso nos centros universitarios.

Non se esixe formación previa específica para o ingreso no Grao en Dereito.

Estudantado de grao –réxese pola normativa de permanencia e progreso do estudantado das titulacións oficiais de grao e máster universitarios da Universidade de Vigo– (ver documento).

Estudantado a tempo completo –matrícula ordinaria-: entre 48 ou máis créditos por curso académico, agás no caso de estudantado ao cal lle falte menos de 48 créditos para rematar os estudos. O estudantado de novo ingreso deberá matricularse da totalidade dos créditos de primeiro curso, ou, na súa falta, de 60. O número máximo de créditos para o estudantado de continuación será entre 60 e 78 créditos, dependendo do rendemento acreditado no curso anterior. No caso de que finalice os seus estudos, poderá matricularse dun máximo de 84 ECTS.

Estudantado a tempo parcial –deberá solicitarse expresamente ao órgano de dirección do centro no momento de efectuar a primeira matrícula na Universidade de Vigo e renovarse no momento de cada nova matriculación-: entre 18 e 48 créditos por curso acadêmico, agás no caso de estudantado ao cal lle falte menos de 18 créditos para rematar os estudos. O estudantado con necesidades educativas específicas vinculadas ao rendemento académico poderá solicitar un réxime de permanencia reducido que supón unha matrícula igual ou superior a 6 ECTS ou unha materia.

Poderase autorizar, polas persoas responsables dunha titulación, a matriculación en máis créditos dos establecidos para o seu réxime de permanencia no caso de rendementos académicos excepcionais.

O estudantado de grao, para poder continuar estudos na mesma titulación na Universidade de Vigo, deberá:

  1. No caso da súa primeira matrícula no primeiro curso, obter un mínimo de dúas materias ou 12 créditos matriculados se está en réxime de tempo completo e 6 créditos se está en réxime de tempo parcial.
  2. O estudantado de grao que non supere eses mínimos, poderá continuar os seus estudos na mesma titulación da Universidade de Vigo, condicionado á superación no seguinte curso académico de, polo menos, 30 ECTS se está matriculado en réxime a tempo completo e 18 ECTS se está matriculado en réxime a tempo parcial.
  3. No cómputo destes créditos non se terán en conta os obtidos por recoñecemento.

A matrícula dará dereito, en cada curso académico, a unha única convocatoria con dúas oportunidades de avaliación, conforme ao calendario académico que corresponda. O número máximo de convocatorias para superar cada materia é de catro –sen computar os “non presentada/o”-, excepto para o estudantado ao que lle falta un máximo de tres materias, sen incluír o TFG, para finalizar a titulación.

Con carácter extraordinario, a Comisión de Permanencia e Progreso da Universidade de Vigo poderá autorizar a continuidade nos estudos, por pedimento da persoa afectada, sempre que se dean causas de forza maior suficientemente acreditadas, que afectasen ao seu rendemento académico.

 

Estudantado da simultaneidade ADE-Dereito –réxese pola normativa específica para a simultaneidade do Grao en Administración e Dirección de Empresas e Grao en Dereito-:

Admisión do estudantado: efectuarase conforme á normativa do programa conxunto de estudos oficiais de grao na Universidade de Vigo (ver documento). A solicitude de admisión para cursar a simultaneidade ADE-Dereito realizarase polo mesmo procedemento que para o resto de titulacións ofertadas pola Universidade de Vigo, aínda que só se ofrecerá nos chamamentos da primeira convocatoria de preinscrición.

Só poderá optar ao programa simultáneo aquel estudantado que reúna os requisitos legais de acceso e admisión para ambos graos.

Dado que a simultaneidade ADE-Dereito se vai introducir de xeito gradual e con grupos de docencia homoxéneos, non poderá solicitar a admisión para estes estudos aquel estudantado que estea en posesión dun dos graos ou que estea a cursar, ben o Grao en ADE ou ben o Grao en Dereito. Para aquel estudantado que xa iniciase un dos dous graos e desexe cursar de forma simultánea os seus estudos coa outra titulación, rexerán as normas xerais da Universidade de Vigo sobre simultaneidade de estudos, facilitándolle, na medida do posible, a súa adaptación. Con todo, de forma excepcional, cada ano poderán incorporarse ao PCEO un máximo de dous estudantes cunha nota media superior a 7 matriculados en Dereito e outros dous matriculados en ADE.

Criterios de matrícula: O estudantado que curse estes estudos deberase matricular a tempo completo en primeiro curso. A partir de segundo curso o estudantado matricularase da totalidade dos créditos correspondentes ao curso de que se trate ou dun número mínimo de 48 créditos ECTS, agás no caso de que a cantidade de créditos necesaria para rematar o programa de simultaneidade sexa inferior, e dun número máximo non superior ao número de créditos do curso máis alto do curso no que se vaia a matricular o estudante incrementado nun 25%.

Para os efectos de representación en órganos de goberno e a posible obtención de bolsas, o estudantado considerarase, con carácter xeral, vinculado ao centro responsable da tramitación e custodia dos expedientes.

 

Estudos de máster

Titulación Prazas Calendario Matrícula
Máster en Avogacía e Procuradoría 20 Cal. preinscrición
Cal. académico
Automatrícula

Convocatoria de matrícula 2024/2025 – estudos de posgrao

 

Estudos de doutoramento

Titulación Prazas Calendario Matrícula
Doutoramento da Auga 20 Preinscrición Automatrícula

Convocatoria de matrícula 2024/2025 – estudos de posgrao

 

Prezos e exencións

Consulta a información económica relacionada coa matrícula, o custo dos estudos, as modalidades de abonamento, os descontos ou as exencións e as axudas do programa propio da UVigo para persoas con dificultades económicas no seguinte enlace: Prezos públicos.