No ano 2016 a Facultade de Dereito deseñou Orienta Iuris, a primeira Feira de emprego especializada no ámbito xurídico en Galicia e norte de Portugal, como un punto de encontro no que estudantes, titulados e profesionais do Dereito puidesen compartir experiencias, interrelacionarse e construír redes profesionais de contactos, que orientasen e facilitasen o acceso ao mercado laboral do seu alumnado e egresados.
Páxina web | Programa | Facebook | Twitter
Vídeo resumo da III edición de ORIENTA IURIS. Realizado por VisualQ
III Feira de Emprego Xurídico Orienta Iuris 19 de novembro de 2019
Renovando o noso compromiso de orientar ao alumnado e fomentar a súa empregabilidade e a realización de prácticas preprofesionais, na III Feira de Emprego Xurídico Orienta Iuris, os estudantes achegáronse á coñecer as competencias, habilidades e actitudes que máis demandan os empregadores neste sector, informarse da oferta existente e participar en procesos de selección para realizar prácticas en despachos e institucións de referencia. Nesta terceira edición, substituímos, como novidade, as tradicionais mesas redondas sobre saídas profesionais por expositores nos que despachos profesionais, consultoras, empresas ou asociacións pero tamén institucións públicas colaboradoras informaron sobre as saídas profesionais e a oferta de emprego nos seus respectivos ámbitos.
Grazas ás entidades colaboradoras e ao noso alumnado pola excelente acollida e resposta á iniciativa.
+INFO Presentación