Alumnado da Facultade de Dereito do campus de Ourense visitou este luns a Deputación Provincial de Ourense para coñecer o seu funcionamento interno e desde o punto de vista técnico. Na súa visita foron recibidos por Marta Nóvoa, vicepresidenta primeira deste órgano provincial, que lles deu a benvida e explicoulles que “ademais do lado político, o traballo diario da deputación é moi técnico, con asistencia permanente aos concellos da provincia e con iniciativas moi intensas como proxectos europeos e convenios con outras administracións”. Na visita tamén participaron a interventora e o vicesecretario da Deputación, Mónica Legazpi e Adamantino Barreiro, respectivamente, que atenderon as preguntas lles fixeron as e os estudantes. O alumnado estivo acompañado polo seu profesor de Dereito Constitucional II e tamén funcionario provincial Jaime Antonio Pintos.