A Facultade de Dereito acolle a presentación das bolsas Seré para preparar a carreira xudicial

CREATOR: gd-jpeg v1.0 (using IJG JPEG v62), quality = 75

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, presentou este luns na Facultade de Dereito do campus de Ourense as bolsas Seré. O seu obxectivo é garantir a igualdade de oportunidades no acceso aos corpos altos de funcionarios da Administración de Xustiza. Concretamente, o Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes convoca 1.300 bolsas por un importe de 12.000 euros anuais cada unha para a preparación de diferentes oposicións.

Convócanse 930 bolsas para as carreiras xudicial e fiscal; 230 para o corpo de letrados da Administración de Xustiza e 40 para o corpo de avogados do estado. Ademais, inclúense 100 bolsas adicionais en modalidade mixta de axuda económica e en especie (unha parte ofrécese directamente á persoa que prepara e outra á persoa que oposita para a súa manutención), que facilitarán ás persoas beneficiarias apoio complementario para a súa preparación. As persoas interesadas poden presentar a súa solicitude antes das 23.59 horas do 23 de xuño a través da sede electrónica da Secretaría de Estado de Xustiza.

Ler a nova completa no DUVI