REDAS – Revista de Dereito, Auga e Sustentabilidade é unha publicación internacional electrónica de contido xurídico e periodicidade anual especializada en auga, medio ambiente e desenvolvemento sostible. Xestionada dende a Facultade de Dereito, xurde como foro de intercambio de coñecementos xurídicos entre profesionais especializados en recursos hídricos.