Programa de Doutoramento en Auga, Sustentabilidade e Desenvolvemento enmarcase como unha das liñas de orientación estratéxica do Campus da Auga (Acordo do Consello da Xunta de Galicia de 21 de novembro de 2013, polo que se autoriza o comezo do proceso de especialización da Universidade de Vigo, do Campus da Auga no Campus de Ourense e Protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo para a implantación e desenvolvemento do Plan Estratéxico, de 14 de marzo de 2014).

O Programa ten en conta as seis áreas de especialización que aglutina –Xestión da auga, Innovación social e educativa, medio ambiente, TIC, Turismo-patrimonio cultural e alimentación-, e que se integran en tres bloques temáticos de investigación: auga, sustentabiidade e desenvolvemento.

Páxina web – UVigo