Ante as violencias sexuais, a UVigo reafirma neste 25N o seu compromiso coa igualdade

CREATOR: gd-jpeg v1.0 (using IJG JPEG v62), quality = 75

“Ante as violencias sexuais, nós avanzamos cara a igualdade”. Este é o lema escollido este ano pola Universidade de Vigo para sumarse ás reivindicacións do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Tamén é o título do manifesto feito pola institución académica co gallo desta data e no que se destaca que “diante das violencias sexuais, a resposta universitaria debe ser firme: rexeitamento activo dos comportamentos inaxeitados, acompañamento integral ás vítimas, formación para toda a comunidade e revisión constante dos protocolos e dos recursos”. Reafirmando este compromiso, este luns a Universidade de Vigo celebrou no campus de Ourense o seu acto institucional polo 25N.

O acto, que se puido seguir en directo por UVigoTV, tivo lugar no edificio Xurídico-Empresarial do campus de Ourense e contou coa participación de Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Yolanda Rodríguez, directora da Unidade de Igualdade da UVigo; Belén Sánchez, secretaria da Facultade de Dereito; Laura Carballo, decana da Facultade de Relacións Internacionais, e Jesús Vázquez, decano da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, estando tamén Francisco Javier Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense. Na súa intervención, o reitor dixo ante a comunidade universitaria presente que “un mundo mellor non é posible sen a igualdade; se queremos unha sociedade mellor temos que camiñar cara ela”. Recoñecendo que “na sociedade no seu conxunto hai moita desigualdade”, Reigosa salientou que desde a Universidade “queremos seguir avanzando cara esa sociedade máis xusta, máis fraterna que ten que ser necesariamente unha sociedade igualitaria e polo tanto impregnada de feminismo”. Así, recalcou, “a folla de ruta da Universidade de Vigo está fondamente enraizada no feminismo”.

Ler a nova completa no DUVI