Política e obxectivos de calidade

Liñas xerais

  • Manter unha oferta formativa axustada ás demandas, ás necesidades e expectativas da sociedade, para consolidar altos niveis de calidade nas súas titulacións, sen renunciar aos fundamentos académicos da Universidade baseados no desenvolvemento do coñecemento, do espírito crítico, da capacidade de análise e de reflexión.
  • Acadar o recoñecemento a nivel nacional e internacional da calidade docente a través da consecución das metas asociadas a indicadores académicos, con especial relevancia aqueles que se relacionan coa satisfacción dos grupos de interese.
  • Facilitar a extensión da cultura da calidade e a formación continua en materia de calidade do persoal docente e investigador, do persoal de administración e servizos e do alumnado, fomentando a eficacia e continuidade dos sistemas e dos procesos vinculados.
  • Asegurar a implantación, desenvolvemento e seguimento tanto do sistema de garantía interna de calidade (SGIC) como de todos os procesos vinculados coa calidade que afectan ao centro e ás súas titulacións.
  • Asegurar unha docencia, investigación, xestión e transferencia de coñecemento en consonancia cos valores previstos no plan estratéxico da Universidade de Vigo e, en particular, cunha perspectiva de xénero para remover os obstáculos que impiden unha igualdade real entre mulleres e homes.
  • Conseguir un compromiso permanente de mellora continua como norma de conduta, e propoñer e levar a cabo as accións necesarias para o mantemento e mellora da calidade.
  • Asegurar un compromiso permanente co principio de transparencia a través do desenvolvemento dos procedementos de calidade.

 

Evolución do documento

A Política e Obxectivos de Calidade da Facultade de Dereito foron aprobados orixinariamente o 5 de marzo de 2010 pola Comisión Permanente e revisados polo equipo decanal o 27 de abril de 2011.

O 6 de marzo de 2015, no marco do novo Manual de Calidade da Facultade de Dereito, a Xunta de Facultade aprobou a nova política e obxectivos de calidade, tras a súa validación o 2 de marzo pola Comisión de Calidade.

O 21 de decembro de 2016, a Xunta aprobou a actualización do Anexo 4 do Manual, con modificacións nos obxectivos de calidade, validadas o 20 de decembro pola Comisión de Calidade.

O 9 de xullo de 2018, e previa validación o 6 de xullo, a Xunta de Facultade aprobou unha revisión formal do documento para adaptalo aos procedementos de calidade actualizados, sen modificacións substanciais nos obxectivos, indicadores ou metas.

O 15 de xullo de 2020, a Comisión Permanente aprobou a Política e Obxectivos de Calidade actualmente vixente, validada pola Comisión de Calidade o 14 de xullo de 2020. Esta actualización responde á análise realizada no marco do Informe de revisión pola dirección. As metas fixadas baséanse nas tendencias dos indicadores e na marxe de mellora posible, con orientación cara á excelencia.

Estes obxectivos foron revisados no Programa Estratéxico da Facultade de Dereito 2025–2027, con variacións mínimas.