A Facultade de Dereito de Ourense acolle a Xornada “Palestina, das voces civís á xustiza internacional”, un encontro que propón un percorrido desde a memoria e a experiencia persoal do conflito ata o seu tratamento nos tribunais internacionais. A sesión comezará coa intervención de Anan Abdalah, médico e escritor palestino nado en Nablus en 1954 e afincado en Galicia desde hai máis de cinco décadas, que abordará a súa conferencia “Palestina onte, hoxe e mañá”. Abdalah é autor da triloxía Ojos de Palestina, unha obra que, a través de catro xeracións dunha mesma familia, percorre máis de cen anos de historia colectiva do pobo palestino, combinando a aproximación histórica co testemuño persoal e sentimental.
Pola súa banda, Carmen Quesada Alcalá, catedrática de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais da UNED, centrará a súa intervención na “Corte Internacional de Xustiza e a Corte Penal Internacional fronte aos crimes internacionais do conflito israelí-palestino”. Quesada Alcalá, que conta cunha dilatada traxectoria investigadora arredor da xustiza penal internacional, ten publicado traballos específicos sobre a xurisdición territorial da Corte Penal Internacional en Palestina, o que lle permite ofrecer unha análise rigorosa do papel destas instancias xudiciais ante as violacións do dereito internacional. A xornada remata así cunha aproximación xurídica aos mecanismos de xustiza internacional aplicables ao conflito