A Facultade de Dereito de Ourense acollerá o vindeiro 11 de xuño o seminario “Dos recursos termais e xeotérmicos de Galicia desde a perspectiva xurídica”, unha xornada que reunirá especialistas de referencia para analizar os réximes de xestión destes recursos. Dirixido por Sofía Salgado Pontón e con secretaría de Marta Vázquez Timiraos, o evento comezará ás 10.00 h cunha inauguración a cargo da decana Susana Álvarez González.
Durante a mañá celebraranse dúas mesas redondas. A primeira, sobre a xestión dos recursos minerais e termais, contará con Antonio Fanlo Loras (Universidad de La Rioja) e Alba Nogueira López (Universidade de Santiago de Compostela). A segunda, centrada na xestión dos recursos xeotérmicos, incluirá as intervencións de Sofía Salgado Pontón (UVigo) e José Ángel Cid Fernández (XeoAquis). O seminario está concibido como un espazo de análise e debate arredor da lexislación aplicable en Galicia.
No cartel-folleto de máis arriba podes ver o programa completo.