Seminario “A persoa xurídica, unha ponte entre o Dereito da persoa e o Dereito patrimonial”

O vindeiro 9 de setembro de 2026, a partir das 12.00 h, a Aula de Práctica Xurídica da Facultade de Dereito do campus de Ourense acollerá un seminario dedicado a analizar a figura da persoa xurídica como ponte entre o Dereito da persoa e o Dereito patrimonial.

A sesión, dirixida pola profesora Lidia Noriega Rodríguez e coordinada por Eva Fernández Rodríguez, ambas da Área de Dereito Civil da Universidade de Vigo, afondará nos conceptos e presupostos da persoa xurídica, cunha especial atención ao debate sobre a personalidade da sociedade civil, a cargo da profesora Zoraida Álvarez Pérez. O programa completarase cunha aproximación á proxección patrimonial das asociacións no ámbito asociativo, que impartirá o profesor Julio Pernas Ramírez, da Universidad de Córdoba.