A feira EmpregoInCampus é unha oportunidade para coñecer de primeira man a demanda de talento de máis de 100 entidades de distintos sectores e contactar directamente coas persoas responsables dos procesos de selección. É dicir, esta é unha información que interesa en xeral a todo o estudantado pero especialmente aos novos egresados e egresadas.
EmpregoinCampus Ourense celébrase o 22 de abril de 2026 entre as 10 da mañá e as 18.00 h no Pavillón universitario de deportes.
A UVigo fai estas recomendación antes de asistir á Feira:
Como participar na feira
- Rexístrate en Jobteaser.
- Completa o teu perfil.
- Sube e actualiza o teu CV.
- Na pestana «Eventos» selecciona a(s) feira(s) á(s) que queres asistir.
- Reserva a túa praza dándote de alta no rexistro xeral de EmpregoInCampus (obrigatorio)
- Solicita cita cos stands das entidades que che interesen (recomendado).
Accede a Jobteaser e inscríbete agora no evento.
Prepárate antes da feira
- Revisa o teu CV
Prepara a túa candidatura asistindo aos obradoiros previos de mellora de CV.
Inscrición - Consigue unha foto profesional
Durante a feira poderás facer unha fotografía profesional para o teu CV e as túas redes sociais.
Pide unha cita - Que levar á feira
Para aproveitar ao máximo a túa visita, lembra levar:
– CV actualizado no teu perfil de Jobteaser
– Información das empresas do teu interese
– Un pitch dun minuto para presentarte ante as empresas
Para máis información visita a páxina de EmpregoInCampus.