Mesa redonda “Reflexións sobre memoria, dereitos e democracia”

A Facultade de Dereito de Ourense acollerá o 19 de novembro, a partir das 9.30h, a mesa redonda Reflexións sobre memoria, dereitos e democracia, unha actividade enmarcada nos actos conmemorativos do 50 anos de España en liberdade. Na sesión participarán Carlos Fábregat Nodar, fiscal delegado de Dereitos Humanos e Memoria Democrática da Fiscalía Provincial de Ourense; Antonio Míguez Macho, decano da Facultade de Historia da Universidade de Santiago de Compostela e codirector de CENOMI e do PMD 2025-2028; Fernando Serrulla Rech, médico e antropólogo forense do IMELGA e da Sociedade de Ciencias ARANZADI; e Paz Gómez Del Valle Ochoa, da Asociación Memorialista Amigos da República Ourense.

A mesa abordará cuestións como a aplicación da Lei de Memoria Democrática e o papel do Ministerio Fiscal, con especial referencia aos expedientes de xurisdición voluntaria de declaración de feitos pasados; a relación entre historia e memoria democrática, os proxectos desenvolvidos e os seus resultados; as experiencias de apertura de fosas en Galicia ao longo de 25 anos; e a Lei Estatal de Memoria como ferramenta para o debate e para a xustiza. A xornada proporá unha reflexión conxunta sobre memoria, dereitos e democracia desde perspectivas xurídica, histórica, forense e memorialista.