Xornada “Feminismo e teoría do dereito. Inmigración e xénero: estereotipos, vulnerabilidade e razonamento xurídico”

A Facultade de Dereito do campus de Ourense acollerá o vindeiro 15 de outubro de 2026 a a xornada “Feminismo e teoría do dereito. Inmigración e xénero: estereotipos, vulnerabilidade e razonamento xurídico”. A sesión contará coa intervención de Leticia María Delgado Godoy, titular de universidade de Ciencia Política e Administración da Universidad Rey Juan Carlos de Madrid, que impartirá a conferencia “Inmigración e políticas públicas: xénero, igualdade e cidadanía normativa”.

Delgado Godoy é doutora pola Universidad Complutense de Madrid que centra a súa investigación na análise de políticas públicas, con especial atención ás políticas de inmigración e ás políticas de igualdade. A súa intervención permitirá achegar á xornada unha perspectiva politolóxica sobre os estereotipos, a vulnerabilidade e o razonamento xurídico en materia de inmigración e xénero.

A xornada conta cunha sesión previa que terá lugar o 14 de outubro, ás 11.00 h, no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo do campus de Vigo.