STEMbach é un Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía creado ao abeiro da Estratexia Galega de Educación Dixital EDUDixital 2020 da Xunta de Galicia. Ten como obxectivo favorecer a adquisición de competencias clave para o s.XXI, tanto as transversais, como as do ámbito STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemática) desde unha perspectiva ampla, transversal –pensada tanto para as modalidades de ciencias e tecnoloxía como para as humanidades, as ciencias sociais e as artes– e en colaboración cos diversos sectores e axentes sociais.

Dentro deste programa, a Facultade de Dereito oferta diversos proxectos de investigación en colaboración con centros de educación secundaria de Galicia. Máis información no botón de abaixo

INFO PROGRAMA STEMbach