Xornada “Retos xurídicos para a protección do medio rural: seguros agrarios e cambio climático”

A Facultade de Dereito do campus de Ourense acollerá o vindeiro 21 de setembro de 2026 , a partir das 10.45 h na Aula Magna Concepción Arenal , unha xornada dedicada a analizar o papel dos seguros agrarios e medioambientais como ferramentas de protección do medio rural ante os efectos do cambio climático. A actividade está organizada pola Área de Dereito Mercantil da Universidade de Vigo e conta coa dirección da catedrática Ana María Tobío Rivas e a coordinación do profesor Roberto Couto Calviño.

Durante a sesión, especialistas de recoñecido prestixio abordarán cuestións como os seguros paramétricos, unha innovadora modalidade que permite indemnizacións automáticas baseadas en medicións obxectivas de fenómenos climáticos, e os seguros medioambientais, que cobren a responsabilidade civil e administrativa derivada de danos aos recursos naturais. A xornada ten como obxectivo poñer de manifesto as fortalezas, retos e capacidade de adaptación do sector asegurador ante un escenario de inestabilidade climática crecente. A asistencia é gratuíta e libre ata completar aforo, e requírese inscrición previa enviando un correo electrónico a rcauto@uvigo.es antes do 18 de setembro, indicando nome e apelidos, DNI e ocupación. O evento desenvolverase en formato presencial.


Programa

  • 10.45 h – Presentación da xornada
  • 11.00 h – Os seguros paramétricos: unha nova oportunidade para o mundo agrario? – Prof. Dr. Juan Bataller Grau (Universitat de València / SEAIDA)
  • 12.00 h – Seguros medioambientais: máis aló do seguro agrario – Profª. Drª. María Jesús Peñas Moyano (Universidad de Valladolid / SEAIDA)
  • 13.00 h – Coloquio