A xornada comeza pola mañá coa inauguración institucional. Seguidamente, o fiscal de cibercriminalidade Miguel Ángel Ruiz Sanz abordará o papel do Ministerio Público fronte ás ameazas dixitais baixo o título “O Fiscal e a Ciberdelincuencia”. Continuará Francisco Pérez Bes, adxunto da AEPD, cunha intervención sobre “Brechas de datos dixitais”, seguido de Fernando Mairata de Anduiza, CEO de DLTCode, que presentará “Malo Será…“.
Logo dunha pausa para café, o sargento primeiro da Guardia Civil e xefe de equipos en Ourense, Antonio Vázquez Saburido, falará sobre “A importancia da Evidencia Dixital”. Pola súa banda, o inspector xefe do Cuerpo Nacional de Policía e xefe da Brigada de Investigación de Delitos Tecnológicos (BIT), José Manuel Araujo Fernández, ofrecerá a conferencia “O adulto novo dixital. Vítimas e autores do cibercrime”.
Pola tarde retómase o programa con Antonio Fernandes, experto en ciberseguridade, asesor e hacker, coa relatoría “Cousas dun pasado futuro”. A seguir, unha ponencia de José A. Cascallana Arroyo, director dos laboratorios de ciberseguridade industrial en InprOTech, analizará “Economía do Cibercrime”. A continuación, Manuela Fernández Cougil, en representación da ICA Ourense – Abogacía, presentará “A unión fai a forza. Avogados e informáticos xuntos contra a ciberdelincuencia”. Finalmente, Diego Cid Merino, CEO de CQe-Solutions, disertará sobre “Identidade Dixital – Certificados dixitais, DNI e outras opcións”.
A xornada rematará coa clausura institucional.