EmpregoinCampus Ourense 2026

A feira EmpregoInCampus é unha oportunidade para coñecer de primeira man a demanda de talento de máis de 100 entidades de distintos sectores e contactar directamente coas persoas responsables dos procesos de selección. É dicir, esta é unha información que interesa en xeral a todo o estudantado pero especialmente aos novos egresados e egresadas.

EmpregoinCampus Ourense celébrase o 22 de abril de 2026 entre as 10 da mañá e as 18.00 h no Pavillón universitario de deportes.

A UVigo fai estas recomendación antes de asistir á Feira:

Como participar na feira

  1. Rexístrate en Jobteaser.
  2. Completa o teu perfil.
  3. Sube e actualiza o teu CV.
  4. Na pestana «Eventos» selecciona a(s) feira(s) á(s) que queres asistir.
  5. Reserva a túa praza dándote de alta no rexistro xeral de EmpregoInCampus (obrigatorio)
  6. Solicita cita cos stands das entidades que che interesen (recomendado).

Accede a Jobteaser e inscríbete agora no evento.

Prepárate antes da feira

  1. Revisa o teu CV
    Prepara a túa candidatura asistindo aos obradoiros previos de mellora de CV.
    Inscrición
  2. Consigue unha foto profesional
    Durante a feira poderás facer unha fotografía profesional para o teu CV e as túas redes sociais.
    Pide unha cita
  3. Que levar á feira
    Para aproveitar ao máximo a túa visita, lembra levar:
    – CV actualizado no teu perfil de Jobteaser
    – Información das empresas do teu interese
    – Un pitch dun minuto para presentarte ante as empresas

 

Para máis información visita a páxina de EmpregoInCampus.