Con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia o Instituto Universitario de Investigación “Xustiza e Xénero” organiza unha xornada que terá lugar o día 11 de febreiro de 2026, de 16.00 a 21.00 horas no salón de graos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, do campus de Vigo, así coma na Facultade de Dereito do campus de Ourense.
Esta primeira xornada forma parte do ciclo de cinema “Cine e Xustiza” que terá lugar ao longo do ano 2026 e que dirixe Inés C. Iglesias Canle, directora do Instituto Universitario de Investigación “Xustiza e Xénero”.
A actividade realizarase simultaneamente na Facultade de Dereito e na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo do Campus de Vigo, concretamente no seu Salón de graos.
Este é o programa:
16:00h. Inauguración:
– Profª Drª María Belén Rubio Armesto Vicerreitora de Investigación, Transferencia e Innovación
– Profª Drª Inés Celia Iglesias Canle Catedrática de Dereito Procesual da Universidade de Vigo
16:30-18:10h. Proxección da película Justicia Artificial
18:10-20:30h. Intervención:
– Prof. Dr. Vicente Pérez Daudí Catedrático de Dereito Procesual da Universitat de Barcelona.
20:30-21:00h. Rolda aberta de intervencións.
As inscricións realizaranse enviando un correo electrónico a xustizaxenero@uvigo.gal indicando nome, apelidos, DNI, e titulación.
Toda a información no folleto que se descarga facendo clic no botón
Programa da Proxección “Justicia y Género”