Curso académico 2026/2027

Estudos de grao

Titulación Prazas Calendario Matrícula
Grao en Dereito 50 Cal. preinscrición
Cal. académico
Automatrícula
Continuación
PCEO ADE-Dereito 10 Cal. preinscrición
Cal. académico
Automatrícula
Continuación

Convocatoria de matrícula 2026/2027 – estudos de grao

Límite de prazas e criterios de selección

O acceso á titulación rexerase pola normativa estatal e autonómica vixente en materia de acceso e admisión aos ensinos universitarios oficiais de grao, en particular polo Real Decreto 534/2024, do 11 de xuño, así como pola normativa propia da Universidade de Vigo.

Poderán acceder a estes estudos quen cumpra os requisitos legalmente establecidos para o acceso á universidade a través de calquera das vías previstas na normativa vixente.

Non se esixe formación previa específica para o ingreso no Grao en Dereito.

Estudantado de grao –réxese pola normativa de permanencia e progreso do estudantado das titulacións oficiais de grao e máster universitarios da Universidade de Vigo– (ver documento).

Estudantado a tempo completo –matrícula ordinaria-: entre 48 ou máis créditos por curso académico, agás no caso de estudantado ao cal lle falte menos de 48 créditos para rematar os estudos. O estudantado de novo ingreso deberá matricularse da totalidade dos créditos de primeiro curso, ou, na súa falta, de 60. O número máximo de créditos para o estudantado de continuación será entre 60 e 78 créditos, dependendo do rendemento acreditado no curso anterior. No caso de que finalice os seus estudos, poderá matricularse dun máximo de 84 ECTS.

Estudantado a tempo parcial –deberá solicitarse expresamente ao órgano de dirección do centro no momento de efectuar a primeira matrícula na Universidade de Vigo e renovarse no momento de cada nova matriculación-: entre 18 e 48 créditos por curso acadêmico, agás no caso de estudantado ao cal lle falte menos de 18 créditos para rematar os estudos. O estudantado con necesidades educativas específicas vinculadas ao rendemento académico poderá solicitar un réxime de permanencia reducido que supón unha matrícula igual ou superior a 6 ECTS ou unha materia.

Poderase autorizar, polas persoas responsables dunha titulación, a matriculación en máis créditos dos establecidos para o seu réxime de permanencia no caso de rendementos académicos excepcionais.

O estudantado de grao, para poder continuar estudos na mesma titulación na Universidade de Vigo, deberá:

  1. No caso da súa primeira matrícula no primeiro curso deberá superar polo menos 6 ECTS, tanto se está matriculado a tempo completo como a tempo parcial
  2. No cómputo destes créditos non se terán en conta os obtidos por recoñecemento.

A matrícula dará dereito, en cada curso académico, a unha única convocatoria con dúas oportunidades de avaliación, conforme ao calendario académico que corresponda. O número máximo de convocatorias para superar cada materia é de catro –sen computar os “non presentada/o”-, excepto para o estudantado ao que lle falta un máximo de 21 ECTS, sen incluír o TFG, para finalizar a titulación.

O número máximo de matrículas en titulacións de Grao son 15, con independencia do número de diferentes Graos matriculados.

Con carácter extraordinario, a Comisión de Permanencia e Progreso da Universidade de Vigo poderá autorizar a continuidade nos estudos, por pedimento da persoa afectada, sempre que se dean causas de forza maior suficientemente acreditadas, que afectasen ao seu rendemento académico.

 

Estudantado da simultaneidade ADE-Dereito –réxese pola normativa específica para a simultaneidade do Grao en Administración e Dirección de Empresas e Grao en Dereito-:

Admisión do estudantado: efectuarase conforme á normativa do programa conxunto de estudos oficiais de grao na Universidade de Vigo (ver documento). A solicitude de admisión para cursar a simultaneidade ADE-Dereito realizarase polo mesmo procedemento que para o resto de titulacións ofertadas pola Universidade de Vigo, aínda que só se ofrecerá nos chamamentos da primeira convocatoria de preinscrición.

Só poderá optar ao programa simultáneo aquel estudantado que reúna os requisitos legais de acceso e admisión para ambos graos.

Dado que a simultaneidade ADE-Dereito se vai introducir de xeito gradual e con grupos de docencia homoxéneos, non poderá solicitar a admisión para estes estudos aquel estudantado que estea en posesión dun dos graos ou que estea a cursar, ben o Grao en ADE ou ben o Grao en Dereito. Para aquel estudantado que xa iniciase un dos dous graos e desexe cursar de forma simultánea os seus estudos coa outra titulación, rexerán as normas xerais da Universidade de Vigo sobre simultaneidade de estudos, facilitándolle, na medida do posible, a súa adaptación. Con todo, de forma excepcional, cada ano poderán incorporarse ao PCEO un máximo de dous estudantes cunha nota media superior a 7 matriculados en Dereito e outros dous matriculados en ADE.

Criterios de matrícula: O estudantado que curse estes estudos deberase matricular a tempo completo en primeiro curso. A partir de segundo curso o estudantado matricularase da totalidade dos créditos correspondentes ao curso de que se trate ou dun número mínimo de 48 e un máximo de 90 créditos ECTS.

Para os efectos de representación en órganos de goberno e a posible obtención de bolsas, o estudantado considerarase, con carácter xeral, vinculado ao centro responsable da tramitación e custodia dos expedientes.

 

Estudos de máster

Titulación Prazas Calendario Matrícula
Máster en Avogacía e Procuradoría 30 Cal. preinscrición
Cal. académico
Automatrícula

Convocatoria de matrícula 2026/2027 – estudos de posgrao

 

Estudos de doutoramento

Programa de Doutoramento en Auga, Sustentabilidade e Desenvolvemento

O Programa de Doutoramento Auga, Sustentabilidade e Desenvolvemento enmarcase como unha das liñas de orientación estratéxica do Campus da Auga (Acordo do Consello da Xunta de Galicia de 21 de novembro de 2013, polo que se autoriza o comezo do proceso de especialización da Universidade de Vigo, do Campus da Auga no campus de Ourense e Protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo para a implantación e desenvolvemento do Plan Estratéxico, de 14 de marzo de 2014).

O programa ten en conta as seis áreas de especialización que aglutina –Xestión da auga, Innovación social e educativa, medio ambiente, TIC, Turismo-patrimonio cultural e alimentación-, e que se integran en tres bloques temáticos de investigación: auga, sustentabilidade e desenvolvemento.

Toda a información sobre este programa nas páxinas da Escola Internacional de Doutoramento 

Matriculación curso académico 2026-2027 no programa de Doutoramento en Auga, Sustentabilidade e Desenvolvemento

 

Prezos e exencións

Consulta a información económica relacionada coa matrícula, o custo dos estudos, as modalidades de abonamento, os descontos ou as exencións e as axudas do programa propio da UVigo para persoas con dificultades económicas no seguinte enlace: Prezos públicos.