O tratamento penitenciario dos terroristas xihadistas, tanto menores como adultos, foi o tema central dunha xornada que baixo o título Seguridade e tratamento no ámbito penitenciario celebrou este venres a Facultade de Dereito do campus de Ourense a través do Campus Remoto da UVigo. Nela, José Luis Castro, maxistrado-xuíz do Xulgado de Violencia Penitenciaria de Menores da Audiencia Nacional, e Carola García-Calvo, investigadora principal do programa sobre radicalización violenta e terrorismo global do Real Instituto Elcano, subliñaron o papel clave da administración peniteciaria e da xustiza na loita contra este terrorismo. Esta facultade tamén celebrou este venres unha nova sesión do seu Curso de Actualización Xurídica, centrada nesta ocasión na xustiza penal negociada.
As prisións e a aplicación estrita da legalidade, ámbitos “clave” na loita contra o xihadismo
A Facultade de Dereito tamén acolleu unha nova conferencia do seu Curso de Actualización Xurídica