Orienta Iuris amosa ao alumnado de Dereito as súas potencias saídas profesionais

Contou coa participación de 22 postos de empresas e institucións

A feira tivo lugar na entrada do centro
A feira tivo lugar na entrada do centro

O alumnado da Facultade de Dereito do campus de Ourense tivo este martes unha cita co seu futuro profesional. Foi na celebración da III Feira de Emprego Xurídico de Galicia e Norte de Portugal Orienta Iuris. Na entrada do centro, os estudantes que ata alí se achegaron puideron visitar os 22 postos de entidades públicas e empresas privadas instalados co obxectivo de ofrecerlles orientación laboral.

“Presentámosvos moi orgullosos aos despachos, ás consultoras, ás administracións públicas aquí presentes xa que estamos seguros de que seredes profesionais ben formados que ademais tendes motivación para aprender e continuar formándovos”, díxolle ao alumnado presente na feira Marta Fernández, decana da Facultade de Dereito. Ela foi a encargada de dar a benvida aos participantes nun acto que contou tamén coa asistencia de Miguel Ángel Michinel, secretario xeral da Universidade de Vigo; Natalia Caparrini, vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria; Esther de Blas, vicerreitora do Campus de Ourense, e Emilio González, subdelegado do Goberno en Ourense, entre outras autoridades.

Ler a noticia completa no DUVI