
O Campus da Auga é un proxecto impulsado desde a reitoría da Universidade de Vigo que procura a creación dun campus especializado na auga desde un punto de vista multidisciplinar. Iste proxecto albíscase como unha oportunidade para facer do campus de Ourense un líder na investigación desde os diferentes ámbitos de coñecemento de temática relacionadas coa auga.
O Campus da Auga atópase nunha primera fase de crecemento que se concreta na creación de dous clústers de I+D co obxectivo de aglutinar o maior número de persoal investigador entorno á investigación da auga para acadar visibilidade, credibilidade e excelencia internacional.
Nesta fase inicial son moitos os/as investigadores/as da Facultade de Dereito que ben a título individual ou ben a través do grupo de investigación ao que pertencen se teñen integrado nalgún ou en ámbolos dous clústers que integran o Campus da Auga:
- Un clúster de I+D que aglutine as áreas de especialización de alimentación, medioambiente e TIC.
- Un clúster de I+D que aglutine as áreas de especialización de xestión do recurso auga, innovación social e educativa, turismo-patrimonio cultural e TIC.