A xornada pretende proporcionar ao alumnado unha formación complementaria á dispensada no marco da docencia tradicional, sobre a discriminación múltiple e interseccional da muller, que comporta a súa maior vulnerabilidade no acceso e mantemento do seu emprego cando concorren na mesma traballadora varias causas de discriminación. A discriminación múltiple ou acumulativa e a discriminación interseccional, definidas e incluidas na Lei 15/2022, presentan unha vinculación estreita coa exclusión social de grupos desfavorecidos e coa aparición de novas manifestacións de discriminación, que precisan dunha tutela específica. As mulleres resultan especialmente vulnerables cando á discriminación por razón de sexo engádeselle calquera outra das causas de discriminación previstas na lei, como a maior idade, a raza, etnia, relixión ou crenzas ou a discapacidade.