De Cnosos a Gattaca para render homenaxe a Arturo Rúa

A publicación recolle doce achegas literarias de profesorado do centro

Membros da comunidade universitaria do campus de Ourense e familiares e amigos de Arturo Rúa, persoal de administración e servizos do campus de Ourense falecido no ano 2017, déronse cita este venres na Facultade de Dereito na presentación dun libro no que se lle rende homenaxe. A publicación, que leva por título De Cnosos a Gattaca. Escritos non xurídicos en recordo de Arturo Rúa Rodríguez, recolle as achegas literarias feitas especialmente para esta iniciativa por doce profesoras e profesores deste centro.

Susana González, vicedecana da Facultade de Dereito, centro que editou o libro, salientou na presentación como Arturo Rúa “aínda que xa fai un tempo que nos deixou segue estando moi presente en cada recuncho da facultade e da nosa vida académica e persoal”. Lembrando ao homenaxeado como unha persoa que tiña entre as súas virtudes ser “un gran conversador e un grande observador”, a vicedecana indicou como “no libro intentamos deixar de lado a nosa faceta máis xurídica e tratar temas que recordasen as nosas lembradas conversas con Arturo, que foron numerosas e de temáticas moi variadas, desde o cine á política”.

Ler a noticia completa no DUVI