{"id":164692,"date":"2025-05-22T00:00:00","date_gmt":"2025-05-21T22:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/dereito.ideit.net\/mais-de-730-estudantes-do-campus-preparanse-para-celebrar-nas-vindeiras-semanas-os-seus-actos-de-graduacion\/"},"modified":"2025-05-22T00:00:00","modified_gmt":"2025-05-21T22:00:00","slug":"mais-de-730-estudantes-do-campus-preparanse-para-celebrar-nas-vindeiras-semanas-os-seus-actos-de-graduacion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/2025\/05\/mais-de-730-estudantes-do-campus-preparanse-para-celebrar-nas-vindeiras-semanas-os-seus-actos-de-graduacion\/","title":{"rendered":"M\u00e1is de 730 estudantes do campus prep\u00e1ranse para celebrar nas vindeiras semanas os seus actos de graduaci\u00f3n"},"content":{"rendered":"<p>Co curso acad\u00e9mico enfilando a s\u00faa recta final, \u00e9 tempo de comezar os actos de graduaci\u00f3n acad\u00e9mica. En total, nas vindeiras semanas arredor de 739 estudantes das diferentes escolas e facultades do campus de Ourense celebrar\u00e1n o remate dos seus estudos. Elas e eles recoller\u00e1n de mans de autoridades acad\u00e9micas e acompa\u00f1ados de membros da comunidade universitaria, familiares, amizades e autoridades os seus diplomas e bandas.<\/p>\n<h3>Arranque en maio<\/h3>\n<p>Os primeiros en celebrar a s\u00faa graduaci\u00f3n ser\u00e1n as e os estudantes da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo. Ser\u00e1 este venres, 23 de maio, \u00e1s 18.00 horas, no sal\u00f3n de actos Marie Curie do edificio Polit\u00e9cnico nun acto presidido polo reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa. Concretamente graduaranse 85 rapaces e rapazas: 49 da XV promoci\u00f3n do Grao en Administraci\u00f3n e Direcci\u00f3n de Empresas (ADE); 15 da XIV promoci\u00f3n de Turismo; 17 da VII promoci\u00f3n do programa conxunto dos graos de ADE-Dereito, e 4 da IV promoci\u00f3n do programa conxunto Turismo-Xeograf\u00eda e Historia. A madri\u00f1a acad\u00e9mica de Turismo e Turismo-Xeograf\u00eda e Historia ser\u00e1 M\u00aa Montserrat Cruz e a Institucional Alejandra Seara, xerente do Consorcio Turismo Ribeira Sacra. En ADE e ADE-Dereito o padri\u00f1o acad\u00e9mico ser\u00e1 Jes\u00fas V\u00e1zquez e o institucional Jorge V\u00e1zquez, presidente Redegal. Ademais, subir\u00e1n a coller o seu diploma os cinco estudantes que conforman a segunda promoci\u00f3n do T\u00edtulo Propio para o Emprego e Vida Aut\u00f3noma do campus, que ter\u00e1n como madri\u00f1a a Vanessa Su\u00e1rez. Por \u00faltimo, no acto farase un reco\u00f1ecemento \u00e1s alumnas de ADE e Turismo que acadaron premios extraordinarios o pasado curso.<\/p>\n<p>O seguinte centro ser\u00e1 a Facultade de Educaci\u00f3n e Traballo Social, o de maior alumnado do campus. O d\u00eda 30 de maio, no sal\u00f3n de actos Marie Curie, \u00e1s 16.30 h, ter\u00e1 lugar a graduaci\u00f3n de Educaci\u00f3n Infantil (84 estudantes), estando apadri\u00f1ados por Isabel Moci\u00f1o e Xos\u00e9 Constenla, e \u00e1s 19.00 h a de Educaci\u00f3n Primaria (90 estudantes), apadri\u00f1ados neste caso por M\u00f3nica Rodr\u00edguez e Ricardo Escudero. Xa o d\u00eda 6 de xu\u00f1o, no mesmo lugar, \u00e1s 16.30 h ser\u00e1 a graduaci\u00f3n de Traballo Social (70 estudantes), apadri\u00f1ados por Yolanda Garc\u00eda e Jos\u00e9 Dom\u00ednguez, e \u00e1s 19.00 horas a do Grao de Educaci\u00f3n Social (75 persoas), apadri\u00f1ados por Esther P\u00e9rez e Mill\u00e1n Brea. En total, o n\u00famero de graduadas e graduados deste centro ascender\u00e1 este ano a 319.<\/p>\n<h3>Graduaci\u00f3ns das titulaci\u00f3ns cient\u00edfico-tecnol\u00f3xicas<\/h3>\n<p>Tam\u00e9n o d\u00eda 6 de xu\u00f1o pero \u00e1s 18.30 h e na aula magna do edificio Polit\u00e9cnico, graduarase a VI promoci\u00f3n do Grao en Enxe\u00f1ar\u00eda Aeroespacial (37 persoas) e a I do Mestrado Universitario en Enxe\u00f1ar\u00eda Aeron\u00e1utica (8 estudantes), ambos t\u00edtulos da Escola de Enxe\u00f1ar\u00eda Aeron\u00e1utica e do Espazo. Os padri\u00f1os ser\u00e1n respectivamente o enxe\u00f1eiro aeron\u00e1utico Jaime Beneyto G\u00f3mez e o profesor Alejandro Manuel G\u00f3mez.<\/p>\n<p>&nbsp;<br \/>Seguiralle a Escola Superior de Enxe\u00f1ar\u00eda Inform\u00e1tica o d\u00eda 13, \u00e1s 18.30 h, no sal\u00f3n de actos Marie Curie. Neste caso celebrar\u00e1n o remate da s\u00faa vida acad\u00e9mica 111 persoas. Tr\u00e1tase da XIII promoci\u00f3n do Grao en Enxe\u00f1ar\u00eda Inform\u00e1tica (94 persoas) e a VII promoci\u00f3n do programa conxunto dos graos ADE-Enxe\u00f1ar\u00eda Inform\u00e1tica (2 estudantes), apadri\u00f1ados por Noelia Hervella e Javier Rodeiro; e a XII promoci\u00f3n do Mestrado en Enxe\u00f1ar\u00eda Inform\u00e1tica (9 persoas) e a II promoci\u00f3n do Mestrado en Intelixencia Artificial (6 estudantes), apadri\u00f1ados por Jos\u00e9 Ram\u00f3n M\u00e9ndez e V\u00edctor Manuel Darriba respectivamente. Durante o acto tam\u00e9n recibir\u00e1n os atributos dous novos doutores en Enxe\u00f1ar\u00eda Inform\u00e1tica do centro.<\/p>\n<p>O 20 xu\u00f1o, na mesma sala e \u00e1s 18.00 h, ser\u00e1 a quenda da Facultade de Ciencias. Recibir\u00e1n os seus t\u00edtulos 70 estudantes: a XIII promoci\u00f3n do Grao en Ciencia e Tecnolox\u00eda dos Alimentos (24 persoas); a XII promoci\u00f3n do Grao en Enxe\u00f1ar\u00eda Agraria (13 estudantes); a XII promoci\u00f3n do Grao en Ciencias Ambientais (20 persoas) e o alumnado do Mestrado en Ciencia e Tecnolox\u00eda Agroalimentaria e Ambiental (13 estudantes). Os graos estar\u00e1n apadri\u00f1ados, respectivamente, por Sidonia Mart\u00ednez e Nelson P\u00e9rez; por Mar\u00eda Flora Alonso e Daniel Arenas e por Olga Escuredo e Juan Carlos Mejuto. Como \u00e9 tradici\u00f3n, durante o acto entregaranse os galard\u00f3ns anuais do centro, que son o Premio Sonia Garc\u00eda Falc\u00f3n ao mellor TFG en Ciencia e Tecnolox\u00eda dos Alimentos; o Premio Ilustre Colexio Oficial de Enxe\u00f1eiros T\u00e9cnicos Agr\u00edcolas ao mellor TFG en Enxe\u00f1ar\u00eda Agraria e o Premio Julia Franco ao mellor TFG en Ciencias Ambientais.<\/p>\n<h3>Peche con Historia e Dereito<\/h3>\n<p>Tam\u00e9n o 20 de xu\u00f1o, \u00e1s 18.00 horas na aula magna do edificio Polit\u00e9cnico, ter\u00e1 lugar a graduaci\u00f3n do alumnado da Facultade de Historia. Tr\u00e1tase da XII promoci\u00f3n do Grao en Xeograf\u00eda e Historia (35 persoas) e a IV do programa conxunto dos graos Turismo-Xeograf\u00eda e Historia (4 estudantes), que estar\u00e1n apadri\u00f1ados Beatriz Comendador e Xos\u00e9 Ram\u00f3n Campos.<\/p>\n<p>Por \u00faltimo, o d\u00eda 27 de xu\u00f1o, \u00e1s 18.00 h, no sal\u00f3n de actos Marie Curie, ter\u00e1 lugar a graduaci\u00f3n da Facultade de Dereito. Recoller\u00e1n as s\u00faas bandas e t\u00edtulos a XIII promoci\u00f3n do Grao en Dereito (42 estudantes apadri\u00f1ados por Francisco Conde); a VII promoci\u00f3n do programa conxunto dos graos ADE-Dereito (15 persoas amadri\u00f1adas por Mar\u00eda Jes\u00fas Castro) e a I promoci\u00f3n do Mestrado Universitario en Avogac\u00eda e Procurador\u00eda (8 estudantes amadri\u00f1ados por M\u00aa Dolores Fern\u00e1ndez). Durante o acto, nomearase como membro honor\u00edfico do Claustro de Profesorado da Facultade de Dereito de Ourense a In\u00e9s Olaizola, catedr\u00e1tica de Dereito Penal da Universidad P\u00fablica de Navarra.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.uvigo.gal\/universidade\/comunicacion\/duvi\/mais-730-estudantes-campus-preparanse-celebrar-vindeiras-semanas-os-seus-actos-graduacion\">Ler a noticia completa no DUVI<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Co curso acad\u00e9mico enfilando a s\u00faa recta final, \u00e9 tempo de comezar os actos de graduaci\u00f3n acad\u00e9mica. En total, nas vindeiras semanas arredor de 739 &hellip; <a class=\"excerpt_more\" href=\"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/2025\/05\/mais-de-730-estudantes-do-campus-preparanse-para-celebrar-nas-vindeiras-semanas-os-seus-actos-de-graduacion\/\">Contin\u00faa<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":9,"featured_media":164689,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[92],"tags":[],"class_list":["post-164692","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/164692","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/9"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=164692"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/164692\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/164689"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=164692"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=164692"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=164692"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}