{"id":161261,"date":"2024-10-30T00:00:00","date_gmt":"2024-10-29T23:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/dereito.ideit.net\/unhas-xornadas-analizan-as-ferramentas-para-adaptar-e-manter-o-emprego-en-empresas-en-crise\/"},"modified":"2024-10-30T00:00:00","modified_gmt":"2024-10-29T23:00:00","slug":"unhas-xornadas-analizan-as-ferramentas-para-adaptar-e-manter-o-emprego-en-empresas-en-crise","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/2024\/10\/unhas-xornadas-analizan-as-ferramentas-para-adaptar-e-manter-o-emprego-en-empresas-en-crise\/","title":{"rendered":"Unhas xornadas analizan as ferramentas para adaptar e manter o emprego en empresas en crise"},"content":{"rendered":"<p>A Facultade de Dereito do campus de Ourense acolleu este m\u00e9rcores a celebraci\u00f3n dunha xornada na que se analizaron as ferramentas e actores para a adaptaci\u00f3n e mantemento do emprego en empresas en crise. Na cita, especialistas do eido acad\u00e9mico das universidades de Vigo, Murcia, Sevilla e Aut\u00f3noma de Barcelona abordaron temas como os expedientes temporais de regulaci\u00f3n de emprego ou a protecci\u00f3n por desemprego dende unha perspectiva de activaci\u00f3n para o emprego.<\/p>\n<p>A iniciativa realizouse en colaboraci\u00f3n co Consello Galego de Relaci\u00f3ns Laborais e no marco do proxecto estatal <em>Adaptaci\u00f3n e mantemento do emprego no novo ecosistema produtivo<\/em>, financiado pola Agencia Estatal de Investigaci\u00f3n do Ministerio de Ciencia e Innovaci\u00f3n e coordinado desde a \u00c1rea de Dereito do Traballo e a Seguridade Social da UVigo polo catedr\u00e1tico Jaime Cabeza e a profesora Marta Fern\u00e1ndez. Na inauguraci\u00f3n da actividade participaron Susana \u00c1lvarez, decana da Facultade de Dereito; Ant\u00eda S\u00e1ndez, presidenta do Consello Galego de Relaci\u00f3ns Laborais; e Marta Fern\u00e1ndez, profesora titular de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da UVigo. A xornada <em>Adaptaci\u00f3n e mantemento do emprego en empresas en crise: ferramentas e actores<\/em> presentouse como un seminario de transferencia que d\u00e1 continuidade a dous anteriores de car\u00e1cter cient\u00edfico realizados no marco do citado proxecto.<\/p>\n<h3>Buscando o equilibrio<\/h3>\n<p>A programaci\u00f3n arrancou cunha intervenci\u00f3n de Faustino Cavas, catedr\u00e1tico de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidad de Murcia, sobre os expedientes de regulaci\u00f3n temporal de emprego como mecanismos de adaptaci\u00f3n e mantemento do emprego en situaci\u00f3n de crise das empresas. Nela falou do impacto da reforma de 2021 (RD-lei 32\/2021) no reforzamento deste \u201cmecanismo de flexibilidade interna que pretende ser unha alternativa aos despidos en situaci\u00f3ns de crise\u201d. As\u00ed, lembrou a experiencia dos ERTE durante a pandemia da covid-19, que permitiron \u201cque miles de empresas e mill\u00f3ns de traballadores puidesen sobrevivir a esa situaci\u00f3n de crise conservando negocios e postos de traballo\u201d. O relator valorou en que medida a nova regulaci\u00f3n dos ERTE pode seguir cumprindo esa funci\u00f3n ante futuras situaci\u00f3ns de crise que poidan sobrevir, xa sexan crises xerais ou sectoriais, como as derivadas por exemplo de fen\u00f3menos clim\u00e1ticos adversos.<\/p>\n<p>Seguiu a xornada cunha intervenci\u00f3n de Jes\u00fas Cruz, catedr\u00e1tico de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidad de Sevilla, sobre <em>A modificaci\u00f3n de condici\u00f3ns de traballo como ferramenta para o mantemento do emprego: a modificaci\u00f3n substancial de condici\u00f3ns de traballo e a inaplicaci\u00f3n de convenios colectivos<\/em>. O convidado abordou os cambios que require a empresa de adaptaci\u00f3n a situaci\u00f3ns de car\u00e1cter econ\u00f3mico e produtivo e como iso se compensa ou se equilibra coas necesidades de \u201ccerteza e estabilidade no tempo\u201d que te\u00f1en as e os traballadores. A situaci\u00f3n, indicou, \u201cest\u00e1 alter\u00e1ndose moito porque as incertezas econ\u00f3micas, os cambios provocados pola dixitalizaci\u00f3n, etc. intensifican este tipo de necesidades empresariais nun contexto no que cada vez m\u00e1is os traballadores necesitan conciliar a s\u00faa vida profesional coa familiar\u201d. Deste xeito, apuntou, b\u00fascase \u201cun punto de equilibrio cada vez m\u00e1is dif\u00edcil de lograr\u201d.<\/p>\n<p>Na segunda mesa da xornada abord\u00e1ronse mecanismos de apoio e protecci\u00f3n para as persoas traballadoras durante as transici\u00f3ns temporais vinculadas a medidas de axuste temporal do emprego, actuaci\u00f3ns coas que se pretende non s\u00f3 amortecer o impacto econ\u00f3mico e social que a regulaci\u00f3n de emprego pode xerar, para evitar a destruci\u00f3n de emprego e facilitar a recuperaci\u00f3n da actividade, sen\u00f3n tam\u00e9n ofrecer a capacitaci\u00f3n das persoas afectadas. En particular, centrouse na protecci\u00f3n de desemprego desde a perspectiva da activaci\u00f3n tras a reforma do RD-lei 2\/2024 e as medidas de axuste temporal en relaci\u00f3n con colectivos especialmente vulnerables, tendo en conta, en concreto, a idade e o x\u00e9nero. Finalmente, os axentes sociais analizaron nunha \u00faltima mesa o papel dos interlocutores sociais na xesti\u00f3n colectiva previa \u00e1 adopci\u00f3n de medidas de axuste e regulaci\u00f3n do emprego e o seu papel no acompa\u00f1amento dos instrumentos non extintivos de regulaci\u00f3n.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.uvigo.gal\/universidade\/comunicacion\/duvi\/xornadas-analizan-ferramentas-adaptar-manter-emprego-empresas-crise\">Ler a noticia completa no DUVI<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Facultade de Dereito do campus de Ourense acolleu este m\u00e9rcores a celebraci\u00f3n dunha xornada na que se analizaron as ferramentas e actores para a &hellip; <a class=\"excerpt_more\" href=\"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/2024\/10\/unhas-xornadas-analizan-as-ferramentas-para-adaptar-e-manter-o-emprego-en-empresas-en-crise\/\">Contin\u00faa<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":9,"featured_media":161259,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[92],"tags":[],"class_list":["post-161261","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/161261","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/9"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=161261"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/161261\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/161259"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=161261"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=161261"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=161261"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}