{"id":160950,"date":"2024-10-18T00:00:00","date_gmt":"2024-10-17T22:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/dereito.ideit.net\/a-uvigo-inviste-doutora-honoris-causa-a-maxistrada-maria-emilia-casas-pioneira-na-defensa-dos-valores-de-xustiza-e-igualdade\/"},"modified":"2024-10-22T20:06:38","modified_gmt":"2024-10-22T18:06:38","slug":"a-uvigo-inviste-doutora-honoris-causa-a-maxistrada-maria-emilia-casas-pioneira-na-defensa-dos-valores-de-xustiza-e-igualdade","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/2024\/10\/a-uvigo-inviste-doutora-honoris-causa-a-maxistrada-maria-emilia-casas-pioneira-na-defensa-dos-valores-de-xustiza-e-igualdade\/","title":{"rendered":"A UVigo inviste doutora honoris causa \u00e1 maxistrada Mar\u00eda Emilia Casas, pioneira na defensa dos valores de xustiza e igualdade"},"content":{"rendered":"<p>Mar\u00eda Emilia Casas Baamonde foi a persoa m\u00e1is nova en acceder \u00e1 maxistratura do Tribunal Constitucional, en 1998, e a primeira muller en presidilo, cargo que exerceu desde o 2004 ata o 2010, etapa reco\u00f1ecida como \u201ca \u00e9poca dourada da xurisprudencia constitucional\u201d. Dende este venres Casas Baamonde \u00e9 tam\u00e9n a primeira muller xurista en incorporarse ao Claustro de doutores honoris causa da Universidade de Vigo. A instituci\u00f3n acad\u00e9mica viguesa celebrou a s\u00faa cerimonia de investidura no sal\u00f3n de actos da Facultade de Ciencias Econ\u00f3micas e Empresariais nun acto presidido polo reitor, Manuel Reigosa, e no que exerceu como padri\u00f1o o catedr\u00e1tico de Dereito do Traballo e da Seguridade Social Jaime Cabeza Pereiro.<\/p>\n<p>Na s\u00faa intervenci\u00f3n, o reitor da UVigo gabou a traxectoria acad\u00e9mica e profesional de Mar\u00eda Emilia Casas, destacando o seu labor rompendo teitos de cristal, as\u00ed como o seu compromiso nos \u00e1mbitos do dereito do traballo, a xustiza e a igualdade de x\u00e9nero. Reigosa mencionou as sentenzas pioneiras da maxistrada, que permitiron fortalecer os dereitos das mulleres e doutros colectivos vulnerables, asegurando que coas s\u00faas achegas \u201ca igualdade deixa de ser un so\u00f1o afastado para converterse nunha aspiraci\u00f3n ao alcance da man. Igualdade e xustiza da man\u201d.<\/p>\n<h3>\u201cUnha das persoas m\u00e1is decisivas para o noso marco democr\u00e1tico\u201d<\/h3>\n<p>Tras a entrada no sal\u00f3n de actos da comitiva acad\u00e9mica, a cerimonia de investidura arrancou coa lectura por parte da secretaria xeral, Mar\u00eda Jos\u00e9 Bravo Bosch, dos acordos de Consello de Goberno polos que se nomeou doutora honoris causa desta Universidade a Mar\u00eda Emilia Casas, intre tras o cal procedeu \u00e1 s\u00faa entrada na sala, acompa\u00f1ado do seu padri\u00f1o e da propia secretaria xeral.&nbsp;<\/p>\n<p>Na s\u00faa <em>laudatio<\/em>, o profesor Cabeza fixo un percorrido pola traxectoria profesional e acad\u00e9mica de quen considera \u201ctestemu\u00f1a e axente da defensa dos dereitos fundamentais e dos principios de igualdade e non discriminaci\u00f3n\u201d, \u201cunha das persoas m\u00e1is decisivas para o noso marco democr\u00e1tico de relaci\u00f3ns laborais\u201d.&nbsp;<\/p>\n<p>Partindo da cidade de Le\u00f3n, onde naceu por mor da profesi\u00f3n do seu pai, rexistrador da propiedade, Cabeza fixo fincap\u00e9 en que Casas Baamonde sempre se considerou \u201cda terra de Lemos\u201d, de onde eran orixinarios os seus pais, se ben viviu en Madrid dende cativa, onde en 1972 se licenciou en Dereito e Filosof\u00eda e Letras na Universidad Complutense de Madrid. A s\u00faa carreira acad\u00e9mica levouna a exercer como docente en diferentes universidades de todo o pa\u00eds, convert\u00e9ndose na primeira muller catedr\u00e1tica de Dereito do Traballo e da Seguridade Social. Sempre inquieta, o catedr\u00e1tico vigu\u00e9s lembrou tam\u00e9n como a finais da d\u00e9cada dos oitenta se incorporou como subdirectora \u00e1 revista <em>Relaciones Laborales<\/em>, \u201ccuxas editoriais forxaron sen d\u00fabida a mi\u00f1a xeraci\u00f3n de laboralistas\u201d e cuxos outros subdirectores, \u201cnon por casualidade\u201d, accederon tam\u00e9n en diferentes momentos ao Tribunal Constitucional.&nbsp;<\/p>\n<p>Da s\u00faa etapa como presidenta do TC salientou que foi relatora en 313 sentenzas e que abordou os asuntos m\u00e1is dispares se ben, \u201cal\u00e9n dos asuntos concretos\u201d, o seu tempo de exercicio neste \u00f3rgano, especialmente os anos da presidencia, correspondeuse \u201cco per\u00edodo no que m\u00e1is se desenvolveron os contidos materiais dos dereitos fundamentais e das liberdades p\u00fablicas\u201d.<\/p>\n<p>Merecedora de diferentes premios e distinci\u00f3ns, dos que o padri\u00f1o lembrou alg\u00fans, sobre todo os referidos \u00e1 s\u00faa vinculaci\u00f3n con Galicia, a <em>laudatio <\/em>de Cabeza rematou d\u00e1ndolle a benvida a unha Universidade de curta historia, \u201cpero con azos de constru\u00edr un co\u00f1ecemento cr\u00edtico nesta parte do mundo, no que o respecto aos dereitos humanos sexa guieiro da s\u00faa actividade coti\u00e1\u201d, ao tempo que lle lembrou que, dende hoxe, Vigo, ademais de ser a terra de parte da s\u00faa familia, \u00e9 tam\u00e9n a \u201cdunha Universidade \u00e1 que pertences\u201d.<\/p>\n<p>Tras pronunciar a gabanza da doutoranda, o padri\u00f1o imp\u00faxolle o barrete, o libro da ciencia, o anel e as luvas brancas, intre no que a admirada e reco\u00f1ecida maxistrada tomou a palabra.<\/p>\n<h3>Lecci\u00f3n maxistral sobre o futuro da UE e do seu modelo social<\/h3>\n<p><a href=\"https:\/\/www.uvigo.gal\/universidade\/comunicacion\/duvi\/uvigo-inviste-doutora-honoris-causa-maxistrada-maria-emilia-casas-pioneira-defensa-valores-xustiza\">Ler a noticia completa no DUVI<\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/tv.uvigo.es\/series\/67174f627af6795889573aa3\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Video do acto<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Mar\u00eda Emilia Casas Baamonde foi a persoa m\u00e1is nova en acceder \u00e1 maxistratura do Tribunal Constitucional, en 1998, e a primeira muller en presidilo, cargo &hellip; <a class=\"excerpt_more\" href=\"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/2024\/10\/a-uvigo-inviste-doutora-honoris-causa-a-maxistrada-maria-emilia-casas-pioneira-na-defensa-dos-valores-de-xustiza-e-igualdade\/\">Contin\u00faa<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":9,"featured_media":160948,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[92],"tags":[],"class_list":["post-160950","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-duvi"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/160950","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/9"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=160950"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/160950\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":160951,"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/160950\/revisions\/160951"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/160948"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=160950"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=160950"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/dereito.uvigo.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=160950"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}